MOV3 presenta o primeiro directorio de moda sostible de Galicia
A presentación terá lugar este venres en Pontevedra e é froito de seis meses de xuntanzas e obradoiros que buscaron promover con produtoras e tendas a confección de roupa con criterios de responsabilidade. Falamos con Nanda Couñago (Amarante Setem), unha das promotoras da iniciativa.
Nostián, mellor que Sogama pero lonxe de ser un modelo aceptable
Este mércores preséntase na Coruña o manifesto Nostián Solución, apoiado por entidades ecoloxistas e sindicatos, e que pide cambios na planta para incementar a porcentaxe de materiais recuperados e reciclados. Esixe que se adopte un sistema de compostaxe e mellorar a separación en orixe.
Novas deficiencias nos servizos de extinción: Brigadas helitransportadas sen helicópteros
A CIG denuncia que as brigadas helitransportadas da Xunta (O Campiño, Marroxo e Vilamaior) están sen helicóptero dende o 15 de maio. O sindicato culpa da situación á privatización do servizo e alerta de que moitas das prazas dos equipos de loita contra o lume seguen sun cubrirse.
Moitas voces para homenaxear a voz de Benedicto
O Teatro Principal de Compostela acolle este xoves un recital dedicado ao cantautor, no que intervirán João Afonso, Fanhais e Freire, Miro Casabella, Antón Seoane, Uxía, Narf e a Orquestra Valdeorras. O 25 de xuño de 1976 Benedicto e Bibiano ofreceron o simbólico concerto do pavillón de deportes da Coruña.
O berro de "pan, traballo e teito" rodeou o Parlamento
Máis de dúas mil persoas participaron na mobilización convocada polas Marchas da Dignidade, que denunciou o control das cámaras lexislativas "polo poder financeiro e o bipartidismo de PP e PSOE". Galería de imaxes e audio no interior.
A promesa do "Trivial en todas as comarcas", máis cerca de cumprirse
O equipo desta aplicación para Android comezou o proceso para converter o Trivial da Terra de Melide (presentado o pasado verán) no Trivial da Terra, con versións para todas as comarcas galegas. Prepararan tamén concursos para todos os centros de ensino
O PP queda só no seu rexeitamento á integración das ensinanzas artísticas na universidade
Profesorado, alumnado e pais e nais denunciaron este xoves no Parlamento, co apoio de PSdeG-PSOE, AGE e BNG, a negativa da Xunta a facilitar o proceso de adscrición e integración das ensinanzas artísticas no sistema universitario galego.
O 'acoso' telefónico das grandes compañías tamén se paga
A Axencia Española de Protección de Datos multa con 130 mil euros a E-On por ofrecerlle un contrato fraudulento a unha muller de Vigo, empregando ademais de forma abusiva a información contida nos ficheiros de datos persoais
Centos de persoas solicitan en Vigo un 'cheque social' con fondos á baixa
Este martes abriuse o prazo para pedir no concello esta axuda, o que provocou longas fileiras que revelan o incremento das persoas en situación de pobreza na cidade. A ODS Coia criticou a escasa dotación orzamentaria da iniciativa e o seu procedemento de tramitación.
A calidade da comida de catering servida nas escolas, no punto de mira
O Concello de Ferrol anunciou este mércores que decidiu multar a Serunion, empresa que dá servizo a oito colexios da cidade, por usar aceite de xirasol e non de oliva, incumprindo así o seu contrato. Nos últimos meses son moi numerosas as denuncias recibidas polos alimentos servidos e polo seu excesivo custe.
'Encallados': o boca-orella que permite que o cinema se estenda
O filme de Alfonso Zarauza, que fala precisamente dos obstáculos á hora de facer unha película sobre o Prestige, atravesou por moitas dificultades para poder ser estreado. Hai unhas semanas comezou a súa distribución nun circuíto alternativo, e con notable éxito.
"Agustín Hernández foi o xestor da deconstrución do medio ambiente galego"
Ethel Vázquez tomou posesión este mércores como nova conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en substitución de Hernández, cuxo traballo na protección da natureza foi moi criticado polas forzas da oposición e a entidades ecoloxistas. Falamos con Fins Eirexas, de ADEGA.