"A violencia e o medo son a normalidade en Palestina. E iso non debería ser normal"
O vigués Moncho Iglesias leva ano dando clase en Belén e Nablus, aínda que hai meses que tivo que abandonar Palestina, ante a negativa de Israel a renovarlle o seu permiso de residencia. Falamo con el sobre o día a día do pobo palestino, e da nova operación militar en Gaza, que xa matou máis de 200 persoas.
"Propoñemos un proceso liderado pola cidadanía para gobernar Ames"
O vindeiro sábado celébrase a I Romaría de Ames Novo, que a pasada semana lanzou unha proposta para conformar unha candidatura cidadá aberta para concorrer ás eleccións municipais do vindeiro ano. Falamos co seu coordinador, Quique Costas.
Un "espazo de confluencia" para "recuperar María Pita para o 99%"
Vén de presentarse o manifesto Marea Atlántica, con 99 asinantes iniciais, que chama a “abrir un proceso que consiga sumar forzas de cara ás eleccións municipais do ano vindeiro”
"As contradicións non son malas: deben formar parte do debate"
Xoán Doldán, profesor titular de Economía Aplicada da USC e presidente de Véspera de Nada, é un dos asinantes do manifesto Derradeira Chamada, un exitoso chamamento decrecentista que pide que a política se axuste "aos límites ecolóxicos do planeta"
"Vexo Rompente constantemente: na crise económica, na situación do país que temos hoxe"
Alberte Valverde presentou hai uns meses a súa tese de doutoramento sobre o grupo Rompente, que incluía varios textos teóricos e poéticos inéditos, que quere publicar na rede. Destaca que foi "o acicate necesario para renovar por completo o campo literario galego"
Postas as bases dunha outra forma de celebrar as Letras Galegas
Unha ducia de entidades culturais e sociais reúnense en Compostela para debater fórmulas de celebración "abertas, participativas e cidadás" das Letras en 2015, "de carácter integrador e de unión", considerando que "Filgueira Valverde non pode unir a ninguén".
Un 'convivio' para dotar a cultura galega de "espazos colectivos"
O Convivio da Cultura Galega celebrarase este sábado na Casa-Museo Manuel María e noutros espazos da vila de Outeiro de Rei. Falamos con Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María
"Aprovéitase a reforma laboral para eliminar os traballadores con maior antigüidade"
Un informe de CC.OO. certifica o "fracaso" da reforma laboral aprobada polo PP en 2012, á que acusa de destruír emprego, de substituír contratos a tempo completo por contratos a tempo parcial e de abaratar os custes laborais expulsando os traballadores con máis experiencia.
"Antonio Casares pasa da luz dos candís á luz eléctrica, da alquimia á química moderna"
Ouvirmos inaugura a súa colección de Biografías co libro de María Luisa Losada Sanmartín sobre este monfortino, considerado pai da química moderna en Galicia e definido por Manuel Bermejo como un "visionario, o científico máis brillante e prolífico do seu tempo”. Falamos coa autora
Barrios Abertos: a integración como proxecto comunitario
A Asemblea de Cooperación pola Paz leva a cabo nos barrios composteláns de Fontiñas e San Pedro un proxecto que procura a integración da poboación inmigrante a través da súa participación activa no tecido asociativo e da reivindicación dos seus dereitos.
O PP rexeita prohibir a entrada de menores de 16 anos nas touradas
Os populares escúdanse en que o Parlamento xa aprobou en 2011 a restrición de acceso para os e as menores de 12 anos, unha norma que se debe incorporar á Lei de Espectáculos públicos, aínda en proxecto.
A xestión das zonas verdes: un espazo máis para o lucro privado
O colectivo de arquitectos e arquitectas Ergosfera analiza e documenta o crecente beneficio económico obtido por empresas privadas dende que se iniciou o proceso de privatización da xestión dos parques e xardíns na Coruña, un negocio que chega agora ás hortas urbanas.