Milleiros de traballadores agardan nas listas de substitución do Sergas, que opta por pechar camas
Os sindicatos acusan os responsables da Consellaría de Sanidade de "mentir" sobre as razóns polas que 1.200 camas quedará fóra de servizo este verán nos hospitais galegos. E lembran que os médicos, enfermeiros e celadores que enchen as listas de contratación "non van ter nin un só contrato neste ano”
O Legado de Tibu: Queda alguén por mollarse na Costa da Morte?
O Legado de Tibu é un reto consistente en bañarse en auga fria e desafiar outras tres persoas a facelo. Naceu nos Estados Unidos por motivos benéficos, chegou a Galicia a través dun mozo emigrado en Suíza e xa enganchou milleiros de persoas na Costa da Morte, entre eles os alcaldes de Vimianzo, Muxía e Fisterra. Núñez Feijoo está nomeado. Mollarase?
"É un tempo estraño para o cinema galego: un gran momento creativo pero abandonados pola administración"
Alfonso Zarauza estrea esta noite no Porriño, no marco do Festival de Cans, Os Fenómenos, a súa última longametraxe, protagonizada por Luís Tosar, Lola Dueñas e Miguel de Lira. Despois do Día dos Veciños deste mércores, Cans quence motores para as intensas xornadas de venres e sábado.
Eloy Domínguez Serén: "Sempre teño a ollada, para ben ou para mal, do visitante"
O S8, Mostra de Cinema Periférico da Coruña dedicará varias sesións ao novo cinema galego, baixo o epígrafe de O emigrante que retorna… Xurxo Chirro presentará Une histoire seule e Eloy Domínguez Serén amosará algúns Anacos gravados en Suecia, Noruega e no Sahara
Grupos profesionais e sindicatos únense no rexeitamento ás áreas de xestión clínica
A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, os Colexios de Médicos de Ourense e Pontevedra, CIG, CC.OO. e UGT piden a paralización da áreas de xestión e chaman a unha mobilización "contra o desmantelamento dos servizos públicos"
Cinco anos de crise que non afectan a todos por igual
UGT presenta o informe A crise e as desigualdades, no que alerta do alargamento dos desequilibrios en favor dos beneficios empresariais e das grandes rendas. Esixe que os 300 millóns de euros que o Estado aforrará este ano en prestacións por desemprego en Galicia vaian para os máis desfavorecidos
30 anos rindo no museo
O Museo do Humor de Fene, único deste tipo en Galicia, celebra neste 2014 os seus 30 anos de historia. Naceu co impulso de Siro López e Xaquín Marín, que o dirixiu até a súa xubilación en 2008, e reúne materiais dos grandes nomes do xénero de Galicia e do resto do Estado.
Usuarios e profesionais, contra o deterioro da atención á saúde mental
O Movemento Galego da Saúde Mental ou a Federación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental levan meses denunciado as consecuencias dos recortes aplicados pola Xunta, nun ámbito no que cada vez cómpren máis recursos por mor dos efectos da crise económica.
Cancasete: Memorias de ferro e cromo en Cans
O Festival de Cans, que se inaugura este mércores co Día dos Veciños, acollerá o venres a estrea deste documental, que buscou nos faiados e caixóns desta aldea porriñesa na procura das lembranzas recollidas nas vellas cintas musicais. Falamos cunha das súas responsables, María Yáñez.
"Como repensamos o mundo rural, entendendo o patrimonio como algo serve para deseñar o futuro?"
Celanova acollerá en setembro o II Congreso Internacional sobre Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural (sOpA 2014), no que participarán proxectos de xestión do patrimonio e toda España e tamén de América Latina. Falamos con María Masaguer, unha das súas organizadoras
"De non existir o Bravú, posiblemente non existiría Cans. Como mínimo somos curmáns"
O vindeiro mércores 21 comeza unha nova edición do Festival de Cans, no que canda ás proxeccións de filmes e curtas destaca a música: Kepa Junkera, Caxade, Heredeiros da Crus e unha escolma de documentais sobre o bravú, 20 anos despois do seu nacemento. Falamos co seu director, Alfonso Pato.
Tres anos de 15M: Até onde chegou a marea?
Tres anos despois das protestas que iniciaron o chamado movemento 15M, pedímoslles a analistas e activistas a súa opinión sobre o impacto causado na política e na sociedade, sobre os erros e acertos estratéxicos do proceso e sobre os logros acadados.