A caza de contidos ilícitos nas redes sociais, ou como matar moscas a canonazos
Ao fío do asasinato de Isabel Carrasco algunhas voces recuncaron na esixencias de regulacións específicas para controlar as mensaxes difundidas a través das redes sociais. Falamos cos avogados expertos en dereito de Internet David Maeztu e Javier de la Cueva, que rexeitan a idea.
"É incríbel que a República Galega de 1931 fose ignorada pola maioría do nacionalismo durante décadas"
O vindeiro 28 de xuño o antigo apeadeiro de Ordes acollerá unha nova conmemoración da proclamación da República Galega, o 27 de xuño de 1931.
"No futuro haberá que partir de cero en I+D. Mentres, unha xeración perdida"
Falamos con Manuel Díaz Regueiro, presidente de Igaciencia, entidade "a prol da Ciencia Galega e do Galego na Ciencia", que neste momentos prepara o III Congreso de Software Libre para Educación.
O teatro galego responde a Manuel Guede
O director do CDG sinala que o teatro galego non evolucionou e non chega ao gran público. Avelino González (AAAG) sinala que o único que falta son recursos materiais, apoio das administracións e visibilidade mediática. E Salvador del Río (Escena Galega) subliña que o gran problema é a ausencia de programación estable.
Os veciños organízanse para frear a construción da autovía Pontevedra-Vilaboa
A plataforma 'Salvemos a Fracha' celebrará unha asemblea o vindeiro venres 16 na Casa Cultural de Marcón. Sinalan que o proxecto da A57 é "innecesario", gastará 86 millóns de euros e provocará un gran prexuízo medioambiental e social na zona.
Resurrection Fest: Viveiro está feito de metal
Falamos con Iván Méndez, director do festival, convertido xa nun referente en toda a Península para o metal, o punk e o hardcore, e que o pasado ano reuniu máis de 33 mil asistentes. Do 31 de xullo ao 2 de agosto pasarán por Viveiro Megadeth, NOFX, Down ou Amon Amarth.
"O ser humano debe ter liberdade de circulación, para ir buscar a vida onde poida"
Ourense acolleu unha xornada sobre A emigración hoxe en Galiza, organizada por Anova, con achegas académicas e tamén dos movementos sociais, e na que destacou a intervención do senegalés Mamadou Niass, que advertiu que "a xente vai seguir vindo a Europa, porque é aquí onde levaron a riqueza de África"
Conta atrás para salvar os 135 anos de actividade do Ateneo Ferrolán
A entidade pon en marcha a campaña Salvemos o Ateneo ante a negativa do Concello a pagar os 39 mil euros que se comprometera a achegar para recuperar o patrimonio da institución, trasladado pors obras de rehabilitación. Cren que a estratexia municipal pasa por "castigar" unha actividade cultural "incómoda".
"Caballero quere aproveitar a debilidade do movemento veciñal de Vigo para facerse co seu control"
Anxo Iglesias, secretario da Asociación de Veciños de Teis, denuncia que o intento de privatización do Centro Cívico do barrio agocha unha manobra para controlar o movemento veciñal vigués no seu conxunto. Audio no interior.
"Ante a violencia de xénero a xustiza non o está a facer todo o ben que se esperaría dela"
A Mesa contra a Violencia de Xénero de Pontevedra denunciou esta semana que o incremento das sentenzas de conformidade deixa desprotexidas as vítimas, e anuncia unha xuntanza coa Fiscalía para tratar esta situación. Falamos Carmen Fouces, concelleira de Servizos Sociais
A sanidade mobilízase ante "o maior peche de camas da historia"
CIG, CCOO, CESM-OMEGA, CSI-F, SAE e UGT denunciarán o 14, 21 e 28 de maio que o número de persoas en lista de espera supera as 60 mil, moi por riba das 38 mil recoñecidas pola Xunta, á que acusan de preparar o camiño para a implantación da sanidade privada.
Un Díaz Castro 'de cine'
Proxecto Nimbos, o chamamento lanzado por Acto de primavera para elaborar curtametraxes a partir dos poemas de Xosé María Díaz Castro, suma xa 13 obras, que se poden ver a través de youtube. Falamos con Martin Pawley, promotor da iniciativa.