Cáritas demanda que a RISGA se converta nun "dereito obxectivo" das persoas sen recursos
No seu informe Coidemos os dereitos lembra que en Galicia hai case medio millón de pobres, 120 mil deles en situación de pobreza severa. Sinala que "só poderemos considerar o noso sistema democrático se garantimos os dereitos dos máis vulnerables". Falamos co seu voceiro, Miguel Fernández.
Para que a Casa da Xuventude de Ourense volva ser o que foi
Unha plataforma reclama a recuperación dunha institución que durante tres décadas foi o centro da cultura na cidade e que dende hai tres anos se atopa paralizada, debido á excesiva burocratización e ao control político da Xunta, exercido por Mercedes Valeiras, curmá de Núñez Feijoo
O presidente da comunidade de montes de Cabral, imputado por apropiación indebida
A fiscalía acusa a Luis Rodríguez de "apropiación indebida" por unha permuta ilegal de terreos, seguindo unha denuncia dos comuneiros opostos á actual xunta reitora. Este sábado unha andaina celebrará a "segunda primavera de Cabral".
"Máis que a recoñecer xente famosa, vimos ao S8 a descubrir tesouros”
Do 4 ao 8 de xuño celebrarase na Coruña a quinta edición do S8. Mostra de Cinema Periférico, dedicada ao cinema xaponés e na que participarán realizadores nipóns de distintas xeracións, comezando polo creador de vangarda Takahiko Iimura. Falamos con Ángel Rueda, director do evento.
Teis: "Nós usamos, nós xestionamos"
Os habitantes deste barrio vigués concentráronse por cuarta vez para demandar o mantemento do convenio polo cal nos últimos 20 anos os propios usuarios do Centro Cívico eran os encargados de xestionalo. Acusan o Concello de buscar a privatización do centro e de "castigar" a actitude crítica da asociación veciñal
ENCE incrementa a presión para seguir na ría de Pontevedra 75 anos máis
A empresa anuncia que "paraliza" os seus investimentos até que o Goberno central e a Xunta lle dean vía libre á prórroga da concesión. En xuño o Goberno galego debe emitir un decisivo informe sobre o impacto ambiental da factoría. A APDR convoca unha manifestación o 14 de xuño.
"A fuxida cara adiante que caracteriza o Capital condénanos a repetir os mesmos erros"
Víctor Moreno presenta este martes no CGAI da Coruña e o mércores no Cineclube de Compostela Edificio España, un documental sobre o abandono deste emblemático edificio, toda unha metáfora da burbulla inmobiliaria e da crise, cuxa distribución foi bloqueada durante 15 meses polo Banco Santander.
Monte Alto loita pola súa biblioteca... e por moito máis
A Asociación de Veciños de Atochas-Monte Alto alerta de que o espazo, creado hai 30 anos, podería pechar este verán ante a falta de axudas do Concello da Coruña. Denuncia o que considera "unha medida política" ante o labor de educación e mobilización cidadá que levan a cabo.
"O sexo non é algo morno nin requintado"
Xulio Pardo de Neyra vén de publicar en Edicións Postivas Intensa e quente é a túa humidade azul, que el mesmo define como "a primeira novela pornográfica da literatura galega".
A Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei, contra as "mentiras" de Nava Castro
Nun comunicado acusa a directora de Turismo de Galicia, de "mentir" cando promete "garantir que a fortaleza seguirá sendo pública" co proxecto de dedicar o seu núcleo a un hotel de luxo explotado, en principio, por Paradores.
O TSXG xulgará unha contratación fraudulenta do ex alcalde de Carnota
O fiscal ve "indicios racionais de criminalidade" na actuación do ex rexedor José Oreiro e da ex tenente de alcalde Marisol Piñeiro, hoxe deputada do PP. O BNG denuncia que contrataron "a dedo" unha asesora, que o actual goberno municipal se viu obrigado a despedir.
Presentan unha alternativa á "obsoleta" e "custosa" obra de saneamento da ría de Ferrol
Un informe elaborado por SGHN, Adega e Verdegaia, presentado este mércores, critica a construción de redes unitarias de augas pluviais e fecais, que non evitan os vertidos de augas residuais á ría. E advirte de que a actuación, cun custe superior aos 60 millóns de euros, deberá ser revisada no futuro.