"A oposición desbotou a vía electoral para tentar cambiar o goberno"
A Farruco Sesto correspondeulle o peche Pontevedra a XXI Semana Galega de Filosofía, dedicada á Revolución. Falamos con el da actualidade política venezolana e da relación coa comunidade galega naquel país. Destaca que "non se fai unha revolución para o pobo, senón que o pobo é quen a fai"
Otelo Saraiva de Carvalho: Instrucións para facer unha revolución
A tres días de conmemorar o 40 aniversario da Revolução dos Cravos, o ex militar relatou en Pontevedra, no marco da Semana Galega de Filosofía, a súa experiencia na acción que derrubou a ditadura en Portugal. Alerta de que se están a crear as condicións para o ascenso dunha ditadura de dereitas.
A praia da Madalena de Cedeira, ou como tirar 250 mil euros ao mar
Colectivos cidadáns, ecoloxistas e forzas políticas denuncian o desbalde dun cuarto de millón de euros nunhas obras de recheo, sen estudo de impacto ambiental, ineficaces e que ademais prexudicarán a ría, unha das dúas únicas reservas mariñas existentes en Galicia.
'Ultranoite no país dos ananos', "a paradinha" de Chévere
Este venres chega ao Auditorio da Ramallosa, en Teo, o último espectáculo da compañía. Un repaso cheo de música e humor negro a vinte anos de Ultranoites e á historia recente, un “país dos ananos" que "non é toda Galicia, pero si a Galicia oficial”. Vídeo no interior
Domingos Merino, A Coruña que puido ser
O primeiro alcalde despois da ditadura, e primeiro alcalde nacionalista, recibirá unha homenaxe o vindeiro martes no Círculo de Artesáns. A polémica da capitalidade e os intentos do seu goberno de regular o urbanismo da cidade apartárono do bastón de mando dous anos despois de tomar posesión.
A UDC critícalle á Academia Galega de Ciencia a "invisibilización" das mulleres científicas
A Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña lanza a campaña Día d@ Científic@ Galeg@ e lembra que o pasado ano lle remitiron ao presidente da Academia unha carta de protesta "que non tivo resposta".
Un Día do Libro na procura dun futuro para o sector
Este 23 de abril realízanse numerosas actividades relacionadas co libro e a lectura, no marco dunha crise que se agrava. Falamos con Manuel Bragado, presidente da Asociación Galega de Editores, e Pilar Rodríguez, presidenta da Federación de Libreiros de Galicia.
Vigo e Lugo lideran as protestas polo peche de camas hospitalarias
No Hospital Universitario Lucus Augusti está previsto pechar catro unidades hospitalarias durante os tres meses de verán; en Vigo estarán inoperativas o 17% do total, o recorte máis importante dos sufridos nunca. En 2013 pecharon en Galicia ao redor de mil camas no verán.
"Sábese que o capitalismo está en crise cando se comeza a empregar esa palabra: capitalismo"
Terry Eagleton pechou a primeira xornada da Semana Galega de Filosofía cunha conferencia titulada "Por que Marx tiña razón" na que buscou desmontar algúns dos tópicos da crítica ao Marxismo. Este martes destaca a intervención, pola noite, de Otelo Saraiva de Carvalho.
“A revolución debe ser un novo programa civilizacional”
Santiago Alba Rico abriu esta mañá a Semana Galega de Filosofía, dedicada este ano á Revolución. Esta tarde destaca a intervención de Terry Eagleton, e nos días seguintes pasarán por Pontevedra Gérard Mauger, Otelo Saraiva de Carvalho, Domenico Losurdo, Frank Mintz ou Farruco Sesto
Os bibliotecarios galegos reclaman facilidades para o préstamo de libros electrónicos
Anabad-Galicia únese á campaña The right to e-read, que reclama que os cidadáns teñan acceso ás últimas novidades en formato electrónico, a través dunha modificación da Lei de Propiedade Intelectural e a retirada dos actuais obstáculos ao préstamo.
Puntogal: 8 anos de traballo silandeiro
Nos vindeiros días a Asociación PuntoGal explicará cales son os pasos (e os prazos) que toda persoa, entidade ou empresa que queira contar cun dominio .gal deberá seguir. Estamos na liña de chegada dunha carreira de case unha década, "un éxito da sociedade galega", segundo os responsables da asociación.