"Semella que o cliente sempre ten a razón, agás se fala en galego"
Marcos Maceira converterase o vindeiro sábado no novo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Encabeza a candidatura única que se presentará na asemblea da entidade, unha aposta pola continuidade e polo impulso da mobilización social.
Prolingua revela o nome do hotel que desprezou o galego nun curriculum
A plataforma publicou na súa web unha carta aberta dirixida ao establecemento hoteleiro de Llanes (Asturias), na que cualifica de "intolerables" as palabras dos seus responsables e manifesta a "indignación" de todos os membros do colectivo.
Emma Ríos e José Domingo, nomeados aos premios Eisner, os Óscar do cómic
Ríos é candidata nas categorías de mellor debuxante e mellor portadista por Pretty deadly. Domingo, na de mellor obra extranxeira por Aventuras dun oficinista xaponés. Os galardóns entregaranse o vindeiro 25 de xullo no marco da ComicCon de San Diego
As Fragas do Eume: 17 anos de mala xestión dun parque natural
A SGHN denuncia nun completo informe ducias de irregularidades e deficiencias na xestión das Fragas, dous anos despois dos terribles lumes que o arrasaron,"fiel reflexo dunha política incapaz de cumprir e facer cumprir as normativas ambientais"
"O que está pasando no Porriño non é un tema de loita política, é un tema de decencia"
O alcalde Nelson Santos (PP) está imputado por delitos de prevaricación continuada, suborno, malversación de fondos e tráfico de influencias, pola xestión irregular de centos de contratos públicos, cun importe superior aos catro millóns de euros. Falamos coa responsable local do PSdeG-PSOE, Eva García.
Os produtores ecolóxicos destacan o "crecemento imparable" do sector
O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (CRAEGA) presentou os datos de 2013, cun incremento no número de produtores e comercializadores inscritos, da superficie certificada e do volume de negocio. Acuicultura, algas, conservas de peixe e apicultura, entre as que máis crecen.
A privatización da electromedicina provoca problemas nunha ducia de hospitais galegos
A CIG denuncia que IBERMAN S.A. "non ten a solvencia que se precisa para asumir o seu mantemento" e reclama o "rescate urxente" do servizo para garantir o correcto funcionamento dos equipos
Expertos pídenlle a Feijoo que non rompa o "consenso" sobre o Castelo de Monterrei
Remítenlle unha carta na que lle lembran que nas últimas décadas todos os proxectos para o monumento, con apoio de todos os partidos, defenderon un uso cultural, rexeitando o seu aproveitamento privado como establecemento hoteleiro
"As mulleres represaliadas foron abríndonos un camiño"
A investigadora Aurora Marco foi distinguida o pasado venres co premio Republicana de Honra 2014 pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Falamos con ela sobre o valor da República e a súa investigación sobre a silenciada represión exercida contra as mulleres. Audio no interior.
Un 14 de abril entre a segunda e a terceira república
Unha manifestación a prol da República percorrerá esta tarde as rúas de Vigo, e tamén están programados actos en Compostela ou A Coruña. Nos últimos días Marín, Rianxo, Vilalba, Ourense ou Pontevedra tamén acolleron actividades de debate, conmemorativas ou de reivindicación.
O SLG maniféstase contra os impagos de Lácteos Tambre
O sindicato denuncia que a empresa mantén débedas con ducias de gandeiros e gandeiras dende 2011, e acusa os seus responsables de chegar a agredir a algún deles. A marcha comezará ás 12 horas diante do Concello de Oroso
Uns Mestre Mateo dedicados ao público "que fai posible o audiovisual galego"
Este sábado celébrase na Coruña a gala dos Premios Mestre Mateo, que será retransmitida en directo pola TVG e conducida por Roberto Vilar. Falamos con Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual. Audio no interior.