"Debemos pensar máis no que nos demanda a sociedade que na situación interna da universidade"
Antonio López, doutor en Dereito pola USC, catedrático de Dereito Financeiro e Tributario e exconselleiro maior do Consello de Contas postúlase como candidato a reitor da Universidade de Santiago facendo fincapé, sobre todo, na situación económica da institución.
"Non debemos limitarnos a executar o orzamento, temos que ser proactivos, achegar recursos"
Juan Viaño, catedrático de Matemática Aplicada, pelexará o vindeiro 25 de abril con Antonio López por ser o novo reitor da USC. Renegociar coa Xunta o financiamento da universidade, a internacionalización e solucionar o actual "desaxuste" de persoal figuran entre as súas prioridades
Que cadro marcar na declaración da renda?
As oenegués galegas iniciaron a pasada semana unha campaña para pedir que os e as contribuíntes marquen o cadro de fins sociais, co que se financian proxectos solidarios. Outras entidades, como Europa Laica, piden que non se escolla ningunha das opcións, pois a Igrexa obtén financiamento por todas as vías.
Amplo rexeitamento no referendo do CEIP Os Tilos a que Relixión teña valor académico
A votación, organizada polo colectivo Somos Parte, foi unha experiencia piloto, que precederá á celebración de consultas semellantes en centros de ensino de toda Galicia. Falamos con Conchi García, voceira da entidade. Audio no interior.
A privatización da loxística provoca desabastecementos no CHUAC
A Xunta de Persoal denuncia a falta de reactivos para realizar analíticas. O servizo loxístico integral foi privatizado o pasado 19 de marzo, o que está provocando o desabastecemento deste e doutros materiais básicos para o funcionamento do Hospital da Coruña.
Alertan dos intentos de formalizar a ilegal mina de Cementos Cosmos
A canteira, situada en Triacastela e paralizada, leva catro décadas sendo explotada sen autorización. Contraminacción denuncia que a empresa solicitou agora unha licenza municipal para retomar a actividade, que mesmo afecta a espazos da Rede Natura.
"Os nosos clientes buscan o alimento que perdeu o seu verdadeiro sabor na comercialización convencional"
Lentura Agricultura Sostible son un grupo de labregos e labregas da comarca de Santiago que se uniron, segundo eles e elas mesmas destacan, "para ofrecer produtos de horta sans, de calidade e locais" e que distribúen a domicilio, ademais de vender en varios mercados e feiras da contorna
O cobro excesivo de Gas Natural Fenosa aos concellos chega ao Parlamento
O alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, solicita comparecer na cámara, despois de que a empresa recoñecese facturar 58 mil euros de máis nos últimos cinco anos, un cobro excesivo que podería terse producido noutros municipios e que podería chegar aos oito millóns de euros en toda Galicia. Audio no interior
O encontro europeo de medios comunitarios xa quenta motores
O Encontro Europeo de Medios do Terceiro Sector comezará o vindeiro venres 11 de abril, coa participación dunha ducia de emisoras comunitarias de distintos países de Europa e outras tantes procedentes de todo o Estado español.
Traballadoras do téxtil: mellores condicións laborais pero aínda lonxe da dignidade
A Campaña Roupa Limpa vén de presentar o informe Salarios Dignos, que analiza a situación das traballadoras en todo o mundo e o grao de cumprimento por parte das multinacionais das esixencias éticas e legais. Varias compañias, entre elas Inditex, melloran o trato, pero queda moito camiño por percorrer.
O Foro do Camiño Primitivo leva ao TSXG a delimitación realizada pola Xunta
A entidade entende que a delimitación da vía xacobea máis antiga atenta contra os criterios de autenticidade e integridade na identificación da calzada histórica e a súa contorna cultural
"A falta de atención temperá aos afectados por autismo está creando dependentes de por vida"
Este mércores 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo. Falamos con Esther Cuadrado, da Plataforma Galega pola Educación Inclusiva, que esixe un "compromiso político para recoñecer os afectados por trastornos de autismo como cidadáns de pleno dereito"