Barra libre na Rede Natura?
Grupos ecoloxistas e forzas da oposición ven na norma, que entrará en vigor o martes, un camiño aberto para a especulación e para a instalación en espazos protexidos de actividades prexudiciais para o medio ambiente, mesmo canteiras, minaría a ceo aberto ou piscifactorías
Cee, primeiro concello que rexeita subir o copagamento de axuda no fogar
Os fondos que a Xunta destina ao servizo de axuda no fogar recortáronse de 400 mil euros a 267 mil, polo que o Goberno galego impuxo un incremento notable das tarifas. O aumento de prezos foi aprobado por un gran número de concellos, pero en Cee só atopou o voto favorable do PP.
A LOMCE non obrigará o cambio dos libros de texto o vindeiro curso
A Plataforma en Defensa do Ensino Público rexeitara en varias ocasións o "cambio inxustificado" dos manuais, que deben seguir sendo válidos durante os seis cursos seguintes á súa adquisición para non supor un gasto excesivo para as familias.
'Eurozone' e 'As do Peixe' dominan os María Casares máis 'furancheiros'
A produción de Chévere fíxose con catro premios, entre eles o de mellor espectáculo, pero Cándido Pazó levou o galardón ao mellor texto e Cristina Domínguez o de mellor dirección por As do Peixe. Josito Porto e Susana Dans, mellores intérpretes.
O número de libros en galego caeu case á metade en 2013
O INE presentou este xoves a Estatística da Produción Editorial de 2013. Publicáronse 739 libros e folletos na nosa lingua, fronte aos 1.322 de 2012 ou os 2.070 de 2008, récord histórico. En cinco anos a edición feita en Galicia pasou de representar o 4,34% do total a ser só o 3,31%.
"Aquí apostouse polo incremento da capacidade eólica instalada, ao prezo que fose"
Xavier Simón e Damián Copena, investigadores do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo (GIEEA), coordinan o libro Enerxía Eólica en Galicia: o seu impacto no medio rural, no que participan numerosos expertos.
Ames, 1936: Chegou a noite despois da luz e o progreso
Ames Novo proporá no pleno deste xoves a restitución da memoria da corporación municipal republicana, que foi apartada do concello en agosto de 1936. Durante seis anos Oscar Lojo Batalla, de orixe agrarista, impulsou unha política de fomento do asociacionismo, obras públicas e creación de escolas
Galicia, nos últimos postos en investimento en I+D+i
Despois de catro anos de descensos, Galicia supera unicamente a Murcia, Estremadura, Castela-A Mancha, Canarias e Baleares e cun investimento equivalente ao 0,87%, semellante ao que se realizaba en 2005, fica moi lonxe dos obxectivos da Xunta de acadar o 2% en 2015.
O PP baleira de contido a futura lei de visibilidade LGTBI
A Asociación Nós Mesmas convocará unha concentración ante o Parlamento o 9 de abril, momento do seu debate en pleno, para denunciar que a norma, moi recortada e sen apartado de sancións, "non será real, será só propaganda". Presenta, xunto con outras entidades, un manifesto contra a LGTBIfobia
"Necesitamos cambios estruturais e non estar simplemente nas mans do ciclo económico"
Hai dúas semanas Xavier Labandeira, catedrático da Universidade de Vigo, foi designado para dirixir a unidade de investigación que avalía o resultado das políticas climáticas da UE. Un posto de gran responsabilidade para este vigués, que tamén é responsable do centro Economics for Energy.
A sanidade galega responderá na rúa ao decreto de xestión clínica
Manifestacións en todas as cidades galegas, convocadas por sete sindicatos e apoiadas por SOS Sanidade Pública, protestarán este mércores contra a privatización de servicios, o dobre pago e as áreas de xestión clínica, "contrarias ao ordenamento xurídico", segundo o Consello Consultivo.
Apoio unánime en Ferrol á proposta das Letras 2015 para Carvalho Calero
Este martes, cabodano do seu pasamento hai 24 anos, terá lugar un acto de homenaxe ante a súa casa natal, semiderrubada. O xoves, o pleno votará a proposta, e nas vindeiras semanas a comisión promotora da iniciativa porase en contacto coa RAG.