Cantos quilómetros percorreu a roupa que levas?
Este sábado constituíuse en Pontevedra a Plataforma Galega de Moda Sostible para "visibilizar e promover outro modo de producir e consumir ropa en Galicia". Son varias as cooperativas, tendas e marcas que traballan con materiais ecolóxicos e asegurando condicións dignas aos produtores e produtoras.
Activistas sociais propoñen unha candidatura "unitaria e de ruptura" para as europeas
A iniciativa presentarase este venres no barrio de Lavapiés, en Madrid, e vén precedida dun manifesto asinado por unha trintena de persoas, entre eles os galegos Antón Gómez Reino-Varela e Raimundo Viejo Viñas, con quen falamos.
“Todo na TDT é en castelán, parece que estamos borrando do galego toda unha xeración”
Os responsables da revista Oink! anuncian que, ante as dificultades económicas polas que pasa o proxecto, non imprimirán o seu quinto número até conseguir liquidez. A vindeira semana lanzará unha iniciativa de crowdfunding para buscar a continuidade desta publicación para público infantil e xuvenil
A Comisión Europea obriga a limitar as emisións da central térmica das Pontes
Bruxelas rexeitou o Plan Nacional sobre emisións industriais presentado polo Goberno central, un documento que establecía límites de dióxido de xofre "inapropiados" para a planta galega.
"O mercado laboral non esixe grandes expertos globais, senón especialistas en áreas moi concretas"
O 7 de febreiro celebrarase en Compostela a primeira xornada de formación de The Net Room, ao que poderán asistir un máximo de 40 persoas interesadas en especializarse en Marketing Low Cost. O primeiro experto convidado será Pedro Serrahima, director xeral de Pepephone, operadora telefónica virtual.
"O interesante da 'economía do ben común' é que pon primeiro o benestar das persoas e do planeta"
"O noso cometido é pensar e pór en práctica pequenas accións que aumenten as capacidades da sociedade para se autoxestionar". Así é como os promotores de MaOs definen os obxectivos desta iniciativa de transformación social con varios proxectos en marcha.
O brasileiro que veu do frío
O cantautor gaúcho Vitor Ramil (con orixes familiares en Narón) será unha das principais atraccións dunha nova edición de Cantos na Maré, que se celebra este sábado en Pontevedra. Amante da palabra e da poesía (musicou textos de Pessoa, Rosalía ou Borges), reivindica o factor diferencial de Rio Grande do Sul.
Profesionais de xinecoloxía preparan un manifesto contra a reforma do aborto
Este colectivo de sanitarios presentará a finais de mes un texto moi crítico co recorte deste dereito. Hai unhas semanas a Federación de Planificación Familiar xa sinalou que o proxecto de Gallardón supón "un retroceso de 30 anos"
"É importante que na referencia aos crimes do franquismo apareza tamén Fraga, como ministro da ditadura"
Manuel Monge presenta esta tarde en Lugo A historia secuestrada polo franquismo (Laiovento) e o último número de Cadernos Republicanos, dedicado á relación do ex presidente da Xunta coa represión franquista. O pleno municipal debaterá en breve a polémica proposta para que unha rúa leve o seu nome.
Radiografía das 300 mil vivendas baleiras de Galicia
En Galicia hai 299.396 inmobles baleiros, case un 30% do total, segundo o Censo de Vivendas do INE correspondente ao ano 2011. Deles, 75 mil foron construídos na última década. A Coruña (19.283), Vigo (18.588) e Ourense (14.561), os concellos cun número meirande.
Un 2014 sen animais nos circos en Galicia?
Libera e a Fundación Franz Weber presentarán ao longo do ano mocións a todos os concellos galegos contra o uso de animais nos circos, nunha iniciativa que contará co apoio de BNG, EU, Anova e CxG.
"A banca é a culpable do 99% do que lle está pasando a este país"
Alfonso Salazar é presidente da Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), unha entidade fundada en 2010 e que denuncia que "estamos gobernados por xente que nin emprendeu nunca nin pensa facelo, nin sabe o que é isto"