De quen é A Lanzada?
Os gobernos municipais dos concellos do Grove e Sanxenxo levan días cruzando declaracións nos medios de comunicación sobre a titularidade da coñecida praia, un debate aberto dende hai máis dun século e no que tamén se mistura a disputa da propiedade entre dúas comunidades de montes.
O STEG distribuirá un documento de 32 accións de 'desobediencia' á LOMCE
Entre as medidas que o sindicato recomenda adoptar para obstaculizar a aplicación da contestada lei ou minimizar os seus efectos hai algunhas que poden adoptar os consellos escolares, outras que corresponderían ao profesorado e outras que se dirixen ás nais e pais.
O monte comunal, en defensa do (hospital) público
Os comuneiros de Mourente (Pontevedra) levan anos reivindicando, por vía administrativa e xudicial, a titularidade dos terreos nos que se asenta o Hospital de Montecelo. Cederano indefinidamente á Xunta, pero só para instalacións sanitarias públicas e non para usos privados.
O alcalde do Carballiño di que seguirá usando 'pulpo'
A Real Academia Galega ratificou hai uns día que polbo é a única forma galega para designar este cefalópodo. Porén, Argimiro Marnotes xa anunciou que na popular festa gastronómica haberá pulpo e non polbo
"Nas grandes operadoras non sabemos o que pagamos"
Vén de nacer Eticom-Som Connexió, unha cooperativa que, seguindo os criterios da a economía do ben común, comezará a ofrecer servizos de telefonía (fixa e móbil) e internet, seguindo o exemplo da comercializadora eléctrica Som Energía
Dez mil persoas saen á rúa ante a dramática situación de Ferrolterra
A manifestación, convocada polos comités de empresa de Navantia en Ferrol e Fene, rematou na Praza de Armas, onde Germán Castro, ex director do Diario de Ferrol, leu un manifesto que reclamou carga de traballo para o sector naval.
O cárcere da Coruña esmorece ante o desleixo das administacións
O Concello xustifica a súa falta de actuacións no inmoble ante a negativa do Goberno central de cedelo gratuitamente. Veciños, forzas da oposición e colectivos coma o Proxecto Cárcere demandan a recuperación do lugar para usos sociais e culturais
"No 2014 as tendencias en tecnoloxía de consumo serán saúde, wearables e 4K"
Os blogues especializados en novas tecnoloxías (Galiloxía) e nos aparellos e sistemas operativos de Apple (A Mac-eira) anunciaron esta semana o seu peche, pensando nunha reformulación dos proxectos. Falamos cos seus responsables.
As granxas de visóns tamén se apuntan á 'política de feitos consumados'
Galicia concentra máis do 80% das granxas de visón americano de toda España e neste momento varias multinacionais están a construír de forma acelerada e sen licenza novas factorías na Estrada, Sobrado, Agolada, Oza-Cesuras, Oia ou Forcarei.
Os veciños de Sarria denuncian que as obras de encanamento carecen de licenza municipal
A Plataforma Sarriana polo Río sinala que algúns dos seus membros están recibindo "ameazas" e lembran que se están empregando "para facer un lavado de cara do Malecón" fondos europeos para evitar inundacións. Audios no interior.
“A muller seduce máis pola dozura, mesmo ás veces pola submisión”
A CIG esixe a retirada de Teresa Baró do curso Linguaxe non verbal para comunicadores, que recibirán os e as traballadoras da CRTVG. Esta experta en comunicación persoal defende que “as mulleres sempre nos sentimos atraídas por homes fortes, que nos poidan protexer e proporcionarnos un status social"
Barra libre na Rede Natura?
Grupos ecoloxistas e forzas da oposición ven na norma, que entrará en vigor o martes, un camiño aberto para a especulación e para a instalación en espazos protexidos de actividades prexudiciais para o medio ambiente, mesmo canteiras, minaría a ceo aberto ou piscifactorías