Xogando 'á maquina' con software libre
A Comunidade O Zulo, de Mugardos, traballa no proxecto de construír unha máquina recreativa galega e de código aberto, un proceso do que se poden seguir todos os pasos na súa web.
Denuncian a desatención sufrida por un neno con autismo nun colexio da Coruña
A nai do rapaz, membro da Plataforma Galega pola Educación Inclusiva, critica o trato sufrido polo seu fillo no CEIP e a actitude de mestres e dirección. Viuse obrigada a desescolarizalo durante varias semanas.
Rebenta unha das balsas de residuos da canteira do Monte Neme
O aluvión de auga, lama e pedras arrasou varias leiras nos lugares de Aviño (Malpica) e Razo da Costa (Carballo) e diríxese á praia de Aviño. Nos últimos meses veciños e Concello de Carballo alertaran en varias ocasións do perigo de rebordamento, pero a Consellaría de Industria non interveu.
Suíza pecha as súas portas
Aproba en referendo (cun 50,4% dos votos) limitar o acceso de traballadores estranxeiros, unha medida que lle afecta á comunidade galega (unhas 38 mil persoas), que se incrementou en máis de tres mil persoas nos últimos catro anos, froito da nova emigración moza, na procura de emprego.
O IGADI reclámalle á Xunta e á sociedade galega un impulso á acción exterior
Presenta We in the World 2014, o seu informe anual sobre a acción exterior de Galicia. Denuncia unha vez máis o "desleixo" do Goberno galego nesta materia.
A animación galega buscará o Goya nunha gala da que foxe Wert
O Xigante opta ao premio á mellor curtametraxe de animación, mentres que Breixo Corral e Pablo Alén son candidatos ao premio ao mellor guión orixinal por Tres bodas de más e Cristina Trenas compite no apartado de mellor dirección de fotografía por New York Shadows.
A Coruña, capital europea dos medios de comunicación comunitarios
Do 11 ao 13 de abril o Encontro Europeo de Medios Comunitarios xuntará na cidade representantes das televisións e radios impulsadas pola sociedade de Francia, España, Austria, Dinamarca, Noruega, Irlanda, Suíza, Finlandia, Alemaña e Finlandia,
"A mentalidade do 'aquí e agora' casa mal con proxectos a longo prazo, como ter fillos"
Falamos con Alberto Saco Álvarez, profesor de Socioloxía na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense, que ten realizado numerosas investigacións sobre demografía, natalidade e despoboamento.
SOS Panadeira, moito máis que un pantalán
A pesar da oposición dos veciños, do Concello, e da existencia de varios recursos xudiciais en marcha, o Club Náutico de Sanxenxo segue adiante (co apoio de Portos de Galicia) co seu proxecto de construción de 121 novos amarres. Denúnciase o uso de recursos públicos para o beneficio privado
Coia: da aldea ao barrio
A Biblioteca Neira Vilas de Vigo acolle durante todo o mes de febreiro un ciclo de charlas e unha exposición sobre a evolución deste lugar, columna vertebral da cidade, baixo o título de Barrios, espazos de vida. A experiencia de Coia
iLoveScience: Científicos e cidadáns camiñan xuntos
Un grupo de investigadores, entre os que se atopa o galego Roi Villar, puxo en marcha hai unhas semanas unha plataforma de crowdfunding para buscar financiamento para proxectos de investigación científica. Falamos con el.
O Exército mantén un vertedoiro de explosivos mergullado a 21 millas de Ferrol
O depósito, segundo revela Materia, contén munición convencional e explosivos caducados e supón un risco tanto para o medio ambiente coma para mariñeiros e traballos de dragado, por unha posible detonación.