Catro anos sen Fernando Pérez-Barreiro Nolla
O 4 de xaneiro de 2010 finaba en Lancaster (Inglaterra) o escritor e tradutor ferrolán que nos anos sesenta se ocupou, xunto con Plácido Castro, das emisións en galego da BBC.
Fomento dálle luz verde ao polémico trazado sur do tren ao porto exterior de Ferrol
O BOE recolleu este xoves o estudo informativo definitivo do acceso ferroviario ao peirao, confirmando a escolla da vía sur, que inclúe unha ponte por riba da Enseada da Malata que impedirá o acceso e saída de embarcacións, a súa limpeza e rexeneración e o regreso da actividade marisqueira
Teletraballo para os funcionarios? Cortina de fume entre os recortes
Este xoves deron comezo as fórmulas de flexibilidade horaria e teletraballo para os empregados públicos da Xunta. CIG-Autonómica saúda a medida, pero subliña que só unhas poucas persoas poderán traballar dende a casa e lembra o contexto de recortes no que se enmarca.
O Cantos na Maré máis lírico e rosaliano
O festival celebrarase o vindeiro sábado 11 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra, coas actuacións de Amancio Prada, Budiño, Vítor Ramil, Gabriela Mendes, Luiz Caracol e Uxía, con quen falamos. Audio no interior.
Segue crecendo a pobreza en Galicia, sobre todo entre as xeracións máis novas
Os datos da Enquisa de condicións de vida das familias, publicados polo IGE, sinala que no 2012 diminuíron os fogares con dificultades para chegar a fin de mes. Porén, crece a porcentaxe de cidadáns que reciben prestacións e a proporción de galegos e galegas en situación de exclusión social.
28 de xaneiro: nova data para os floteis, aínda con fíos que atar
A prensa mexicana e os medios económicos especializados apuntan a que os estaleiros galegos seguen sendo os favoritos para facerse coa licitación pero o conflito interno en Repsol e a necesidade de blindar o proceso a futuras reclamacións explican o adiamento.
Critican a participación de cargos públicos na 'traslación dos restos do apóstolo'
Europa Laica-Galicia sinala que supón a vulneración do principio de aconfesionalidade do Estado e a constatación "de que en España continúa existindo unha confesión oficial"
Os Vilares: a terra baixo a poesía de Díaz Castro
Pastora Veres e Cibrán Tenreiro ultiman un libro e un documental, respectivamente, sobre a parroquia na que naceu e viviu o autor, que será o protagonista das Letras Galegas no 2014.
Festiclown Palestina, "un acto revolucionario de democracia radical desde as artes"
O festival celebrarase do 12 ao 19 de xaneiro de 2014 nos campamentos de poboación refuxiada de Nahr Al-Bared, Baddawi (Trípoli), Bourj Al-Barajneh, Shatila (Beirut) e Ein Al-Hilweh (Saida), no Líbano
Unha estrada que non leva a ningures
O blog Tivaifacendo denuncia o caso dunha vía de alta capacidade de seis quilómetros de lonxitude sen uso ningún, que conecta a autovía Ourense-Vigo coa paralizada Plataforma Loxística- Industrial Salvaterra- As Neves (Plisán).
"A sociedade brasileira demanda maiores niveis de participación política"
Roberto Mansilla, analista do IGADI, vén de publicar o seu primeiro libro, Brasil. Unha ollada a un “país de futuro”, un percorrido pola xeopolítica e a política exterior do xigante americano, que este 2014 vivirá un ano importante, coa celebración de eleccións presidenciais e do mundial de fútbol.
E se me desenchufo da rede eléctrica?
A pesar das dificultades creadas polo Goberno, a instalación de paneis fotovoltaicos nunha vivenda para o autoconsumo eléctrico ten un custe de arredor de sete mil euros, que poden ser amortizados nuns dez anos.