BNG e EU únense na Coruña contra a taxa de decomisos, "un imposto á pobreza"
As dúas formacións ofreceron unha rolda de prensa conxunta para denunciar a medida adoptada polo Concello, que cobrará entre 30 e 100 euros por devolver as mercadorías de venta ambulante decomisadas pola policía. Veciños da Agra do Orzán recollerán alegacións esta tarde na rúa Barcelona.
Os emprendedores galegos mandan "á merda" a César Alierta e o seu "a crise rematou"
A Asociación de Emprendedores de Galicia publica un editorial no que manifestan o seu anoxo polas palabras do presidente de Telefónica e sinalan que "as pequenas empresas e os autónomos xa expiamos a nosa culpa se é que algunha vez fomos culpables de algo, agora queremos ver como o fan outros"
O 23 de novembro, contra a consolidación de Ence e Elnosa en Lourizán
A Plataforma 2018 alerta da posibilidade de que o PP se acolla á nova Lei de Costas para prorrogar a presena da pasteira outros 75 anos. Este sábado 16, a praza da Peregrina acollerá un acto simbólico de protesta polo "monocultivo de eucalipto imposto por Ence".
Os Bolechas, o novo Xabarín?
Presentouse en Vigo o libro-disco Os Bolechas fan unha banda, no que dez grupos galegos inclúen temas inéditos creados para os e as seguidoras da popular serie creada por Pepe Carreiro
Beiras confía en que Carmen Iglesias renuncie ao escano e denuncia unha "campaña mediática" en contra de AGE
AGE anuncia que David Fernández abandonará o seu posto no Parlamento o 30 de novembro.
Feijoo xustifica a apresurada venda de Novagalicia en que o "aconsella" Europa
Interpelado por Francisco Jorquera, o presidente da Xunta xustificou a venda neste momento pola inxección de fondos europeos, que aconsellan a súa liquidación. La Caixa e o fondo norteamericano Guggenheim preséntanse como favoritos na poxa.
Denuncian a privatización de 'masas comúns' da concentración parcelaria na Baña
O Sindicato Labrego Galego critica as poxas de máis de 30 hectáreas da Cámara Agraria Local que estaban a xestionar as asociacións parroquiais alugándollas a explotacións agrogandeiras
As externalizacións do Sergas provocan o adiamento de centos de citas de radioloxía ou diálise
CIG-Saúde denuncia que Ibérica de Mantenimiento, empresa adxudicataria do servizo de electromedicina, incumpre as condicións do contrato e provoca que centos de citas sexan anuladas por problemas cos equipos. O sindicato acusa a Xunta de "pasividade" e esíxelle o "rescate" do servizo.
Miro Casabella: "O PP non me coñece nin me quere coñecer"
A abstención do PP impediu que o Concello do Valadouro aprobara o nomeamento do cantautor, nado en Ferreira de Valadouro, como "fillo predilecto". Os populares xustificaron a súa decisión porque "este señor non fixo nada polo pobo" e "o 80 % dos veciños do non saben quen é".
As ILP en demanda dunha renda básica universal entran nos seus meses clave
A iniciativa estatal busca reunir medio millón de sinaturas e en decembro ou xaneiro rexistrará a proposta no Congreso. Mentres, o 14 de xaneiro remata o prazo para presentar a Iniciativa cidadá europea por una renda básica universal, que aínda non chegou á cifra de apoios mínimos esixidos, un millón.
Interviú sácalle as cores ao alcalde de Ferrol
O último número da revista publica unha reportaxe que denuncia graves irregularidades supostamente cometidas polo Goberno municipal na adxudicación da festas deste verán. A denuncia céntrase nun empresario amigo do rexedor Rey Varela e beneficiado pola concesión dos festexos.
"Cabral está vivindo unha primavera"
Os opositores ao proxecto de macrocentro comercial sinalan a imposibilidade legal de que o Concello expropie os terreos e apuntan a necesidade de que mude a xunta reitora da comunidade de montes. Destacan a implicación da veciñanza máis nova: "A xente nova nunca experimentara este sentimento de comunidade"