Galicia xa ten o .gal
Despois da aprobación onte pola ICANN e dun periodo transitorio, o dominio será realidade no inicio de 2014. Manuel González, presidente da asociación puntoGAL, salienta a "importancia histórica desta nova" e afirma que "é unha conquista de toda a sociedade e un exemplo de que todos xuntos podemos". Audios no interior.
Chamamento a priorizar a Atención Primaria no sistema de saúde
Un grupo de profesionais, entre os que destacan Manuel Martín -voceiro de SOS Sanidade Pública- ou Pablo Vaamonde, lanzan un manifesto para defender "o eixo vertebrador do sistema asistencial". Manterán xuntanzas con organizacións profesionais, grupos políticos e sindicatos para solicitar o seu apoio ao texto.
O 77% das estacións de tren galegas pecharon ou sufriron recortes nos últimos anos
CC.OO. presenta un informe que eleva a 104 os trens de media distancia eliminados polo Goberno. Reclaman a implantación das Cercanias en Galicia e denuncia que a diminución de frecuencias é unha forma de "expulsar" os usuarios e de xustificar novos recortes nos vindeiros meses.
"Comamos coma Cunqueiros"
Galaxia presenta A cociña dos Cunqueiro, unha obra que recolle oitenta receitas orixinais de Elvira González-Seco, dona do escritor. O seu fillo, César Cunqueiro prologa o libro, editado por Miguel Vila, Colineta.
"Antes de todo isto eu cría na pena de morte"
Ray Krone pasou dous anos no corredor da morte, acusado dun asasinato do que finalmente se demostrou que era inocente. Dende entón converteuse nun activista do colectivo Witness to Innocence, que axuda os condenados e as súas familias e loita pola fin das execucións nos Estados Unidos. Está en Galicia da man de Amnistía Internacional.
Contra o desemprego, dignidade
A reixa de Navantia, en Ferrol, encheuse de pezas de roupa este domingo nunha acción artística organizada por Radio Buguina. O obxectivo: sinalar a grave crise económica que vive a comarca e, en especial, a do sector naval. Galería de imaxes e vídeo no interior.
A 'Burla Negra' transfórmase en Radio Buguina para alertar de que "veñen contra todos"
Presentouse en Ferrol a iniciativa artística Carga de Dignidade, que este domingo chama a encher de roupas a verxa de Navantia
"Anova ten que ser fiel ao reto que se propuxo: navegar en mar aberto e asumir riscos"
Hai moitas olladas pendentes de Martiño Noriega, alcalde de Teo e responsable de acción institucional de Anova, á que lle reclama "coherencia" e "valentía" á hora de definir a súa estrutura e funcionamento na Asemblea Nacional do 8 e 9 de xuño.
Unha buguina para encher Ferrol de dignidade
O domingo 2 de xuño unha iniciativa artística chama a cidadanía a pendurar pezas de roupa da reixa de Navantia, a imitación do que xa fixeron en varias ocasións os traballadores cos seus buzos. Un acto artístico, popular, efémero e reivindicativo que sinala o sector naval como símbolo dunha sociedade arrasada.
Europa debaterá a ILP sobre xestión de residuos que o PP bloqueou no Parlamento
ADEGA, Amigos da Terra, Federación Ecoloxista Galega e Plataforma Galega contra a Incineración presentarán unha denuncia na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que salienta que Galicia non só incumpre a normativa europea senón que o Plan de Residuos de 2011 prevé que se manteña o incumprimento da lei.
"En Anova danse as mesmas friccións que noutras organizacións, entre unha vella e unha nova cultura política"
O 8 e 9 de xuño Anova celebrará a súa primeira Asemblea Nacional, un proceso que enfronta en paralelo cunha intensa confrontación parlamentaria co PP. Beiras non nega que isto xere unha retroalimentación, pero engade: "de que lle vale a Feijoo fidelizar o seu electorado se as enquisas lle están dando unha caida de 16 puntos?".
"O PSdeG non pode optar pola continuidade en ningún caso"
Iván Puentes, portavoz nacional de Novo Socialismo Galego, leva semanas percorrendo o país falando con militantes de todas as agrupación "e escoitándoos sobre todo", presentando a proposta dun PSdeG "máis de esquerdas e máis galeguista".