Suárez e o Estatuto: De Galicia como escusa a Galicia como problema
Suárez, home discreto, levou a cabo intervencións concretas e sobre todo en ámbito privado, que foron determinando o proceso autonómico galego, limitado primeiro o autogoberno en 1979, para abrir a man a partir do verán de 1980, despexando o camiño até os Pactos do Hostal.
"Toda a sociedade coñece a Bill Gates. Pero quen coñece a Marissa Mayer? É a presidenta de Yahoo"
Entrevistamos Susana Ladra, vicedecana da Facultade de Informática da Coruña, e que a pesar de ter só 30 anos acumula unha longa lista de méritos e recoñecementos, coma o Premio Ada Byron ou o primeiro Premio Nacional de Fin de Carreira de Enxeñaría Informática, entregado polo MEC
Profesores da USC critican o encanamento do río en Sarria
Isabel Iglesias, Antonio Rigueiro, Santiago Lamosa e Guillermo Riesco remitíronlle un escrito á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no que afirman que este tipo de actuacións "van quedando anticuadas en sociedades avanzadas en aspectos ambientais"
A Xunta culpa o mal tempo da avalancha do Monte Neme
O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, botou balóns fóra ante unha pregunta parlamentaria formulada por Carme Adán (BNG) sobre as razóns polas que o Goberno galego non adoptara medidas preventivas na canteira abandonada
O derrubo da Casa Gótica de Betanzos queda sen castigo, ao carecer "de singular protección"
A sentenza xudicial considera probado que o propietario “malia coñecer o valor arquitectónico" do inmoble, de 600 anos de antigüidade, provocou "un grave dano ao patrimonio histórico”. Porén, sinala que, aínda que dentro do Conxunto Histórico Artístico de Betanzos, a casa non ten unha protección individualizada.
Auga doce, algo amarga, no Gaiás
Este venres inaugúrase na Cidade da Cultura, coa presenza do príncipe Felipe, a mostra Auga Doce. Contraminate lembra os prexuízos que os proxectos mineiros teñen para os recursos hídricos e protesta contra un "evento hipócrita e unha provocación para os colectivos que loitan pola salvagarda dos bens naturais, e moi particularmente da auga".
Frei Rosendo Salvado, moito máis ca eucaliptos
O Consello da Cultura Galega acolle os vindeiros 3 e 4 de abril un simposio internacional sobre a figura do frade bieito tudense, que a mediados do século XIX levantou unha misión en Australia e chegou a ser bispo de Perth. Neste ano celébrase o bicentenario do seu nacemento.
O aborto de tres vacas, supostamente provocado polo Rali do Cocido, acabará nos tribunais
O gandeiro reclámalle case 12 mil euros ao Concello de Lalín e á organizadora da proba, e conta cun informe veterinario que certifica que os abortos foron provocados polo estrés xerado pola proba automobilística.
Os primeiros incendios do ano coinciden con críticas á privatización e á eliminación de brigadas
Nas últimas semanas Medio Rural decidiu a supresión das brigadas públicas de prevención e extinción en Celanova e Baixo Miño, dúas das comarcas máis afectadas polos lumes. Apopriga denuncia "unha privatización encuberta e silenciosa"
"Non hai política audiovisual. E non creo que sexa unha cuestión ideolóxica, é ignorancia simplemente"
Manolo González será homenaxeado o vindeiro 12 de abril na gala dos Mestre Mateo. Recibirá o premio de honra Fernando Rey pola súa "paixón e compromiso pola profesión". Falamos con el sobre o pasado, presente e futuro do audiovisual galego, que tan ben coñece.
O persoal galego da FNAC lidera a loita laboral na empresa en toda España
Denuncian o despedimento dunha compañeira e as súas precarias condicións laborais, con redución de salario e aumento de xornada no último ano. Farán folga todos os sábados a partir do día 22 e as súas protestas xa se estenderon á tenda de Murcia e poden facelo nos próximos días a Madrid ou Barcelona
Gonzalo Gurriarán, o compromiso humano dun médico
Será homenaxeado este sábado no Barco de Valdeorras polo Concello e a Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA). Gurriarán atendeu as feridas de moitos maquis nos anos 40 e 50 e foi un dos fundadores do Club de Montaña Pena Trevinca