"Cando escapas das vellas gramáticas políticas, podes dar con procesos efectivamente constituíntes"
Raimundo Viejo Viñas (Vigo, 1969), profesor de Ciencias Políticas na Pompeu Fabra e da Universidade de Girona, é unha voz de referencia nos movementos sociais en Catalunya e en todo o Estado. O pasado ano botou a andar o selo editorial Artefaktes, que tamén ofrece obradoiros formativos, coma o que este luns impartiu na Coruña.
Das políticas de asfalto ás políticas de herba artificial
A Deputación de Pontevedra construíu ao redor de setenta campos de fútbol con herba sintética, gastando uns 36 millóns de euros. Novas obras en Vilaboa, Covelo, Cotobade, Marín, Barro, Cuntis ou Moraña, cun custe dun millón de euros nalgún caso, súmanse á lista. Crecen as críticas ao despilfarro, sospeitas de amiguismo e aos crecentes custes de mantemento.
Os traballadores de T-Solar abandonan o peche para dirixir a súa presión sobre a Xunta
Despois de 129 días, mudarán a súa estratexia de loita, centrándoa no goberno galego e na asemblea de acreedores que se celebrará en Vigo en decembro. Valoran o peche como un "éxito", por impedir o desmantelamento da fábrica e polo seu valor "pedagóxico".
O García Barros celebrará o seu 25 aniversario reunindo os seus premiados
O premio de novela fai 25 anos. Promovido polo Concello da Estrada dende 1989, neste tempo serviu de escaparate en toda Galicia de esta vila e converteuse nun dos galardóns de referencia da literatura galega
"Tentamos influír en avogados e xuíces para que teñan a valentía de iniciar un cambio xurisprudencial"
Amnistía Internacional e os Colexios de Avogados de Galicia organizan un ciclo de mesas redondas baixo o tema Crise económica e defensa dos dereitos das persoas. Falamos co seu responsable, Enrique Otero, que destaca a importancia da posta en marcha do Comité de Dereitos Económicos Sociais e Culturais, que lles permite aos cidadáns reclamar ante a ONU en caso de verse vulnerados os seus dereitos.
Días de novembro en defensa do Estatuto
O mes de novembro de 1979 estivo caracterizado pola mobilizacións social e dos partidos de esquerda contra os intentos da UCD, secundada pola prensa madrileña, de recortar o proxecto de Estatuto de Autonomía, a aldraxe. Unha vez concedido o autogoberno a Catalunya e Euskadi, Galicia debería ser o tapón e o exemplo para o resto de territorios.
The New York Times vs. Snowden. Cal é o futuro do xornalismo?
Hai uns días o avogado Glenn Greenwald, apoderado dos documentos de Edward Snowden, e Bill Keller, antigo editor executivo do xornal de referencia mantiveron un interesante tirapuxa sobre o presente do xornalismo.
"O problema foi a impunidade política e a mansedume do pobo, entendible tras décadas de anestesia local"
O pasado 20 de outubro o colectivo cidadán Somos Cedeira cesaba a súa actividade, pasando a un estado de "silencio activo", despois de meses de traballo de denuncia dalgúns dos problemas máis importantes ou máis urxentes de Cedeira e a súa contorna. Falamos cos seus promotores.
100 días despois de Angrois, o tren galego segue esquecido
A pesar do moito que se falou sobre o tren despois da traxedia de Compostela, continúa a degradación do servizo do ferrocarril convencional, que en xuño perdeu o 22% das súas frecuencias. Os colectivos en defensa do tren alertan dos plans privatizadores e reclaman que se aposte polas liñas de proximidade.
A Xunta presenta como un triunfo o acordo que permite a Elnosa seguir na ría de Pontevedra
O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, anunciou en 2011 que a contaminante empresa química debía cesar a súa actividade o 6 de xaneiro de 2014 de forma “improrrogable”. Agora continuará tres anos máis, ante as críticas da oposición.
O futuro do Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, no aire
A Fundación Torre-Pujales vese obrigada a vender 47 cadros para facr fronte a unha débeda de cen mil euros, un ano e medio despois da inauguración deste espazo de arte en Corme
O sistema aeroportuario galego, ou o reparto da miseria
A pesar das mensaxes de preocupación que alertan do descenso de pasaxeiros e da redución de rotas, o inverno trouxo unha nova aposta pola fragmentación de esforzos, novidades de escaso valor e o risco de que Galicia fique con menos destinos internacionais. Nos últimos anos gastáronse 410 millóns de euros en obras nos tres aeroportos galegos, superior ao custe total da Cidade da Cultura.