As ILP en demanda dunha renda básica universal entran nos seus meses clave
A iniciativa estatal busca reunir medio millón de sinaturas e en decembro ou xaneiro rexistrará a proposta no Congreso. Mentres, o 14 de xaneiro remata o prazo para presentar a Iniciativa cidadá europea por una renda básica universal, que aínda non chegou á cifra de apoios mínimos esixidos, un millón.
Interviú sácalle as cores ao alcalde de Ferrol
O último número da revista publica unha reportaxe que denuncia graves irregularidades supostamente cometidas polo Goberno municipal na adxudicación da festas deste verán. A denuncia céntrase nun empresario amigo do rexedor Rey Varela e beneficiado pola concesión dos festexos.
"Cabral está vivindo unha primavera"
Os opositores ao proxecto de macrocentro comercial sinalan a imposibilidade legal de que o Concello expropie os terreos e apuntan a necesidade de que mude a xunta reitora da comunidade de montes. Destacan a implicación da veciñanza máis nova: "A xente nova nunca experimentara este sentimento de comunidade"
O SLG reclama que a Xunta merque os alimentos dos comedores escolares no agro galego
O sindicato subliña que os 29 millóns de euros que cada ano dedica o Goberno galego a esta partida, e os 3.000 millóns que todas as administracións do Estado gastan en alimentos serían "un revulsivo para o mundo rural"
Ourense: un século pintándose a si mesma
Unha web da Universidade de Vigo recolle as obras dos ilustradores ourensáns de comezos do século XX, con especial atención a Xulio Prieto Nespereira, Cándido Fernández Mazas e Manuel Méndez, e ás revistas Nós e La Zarpa
Sargadelos: A empresa que sempre foi moito máis
A historia de Sargadelos apágase estes días. O plan de viabilidade aprobado polo consello de administración da empresa, que inclúe "medidas contundentes" e unha "importante reestruturación de persoal" pode levar por diante unha parte importante dos 172 postos de traballo que aínda se reparten entre as dúas factorías de Cervo e Sada
Unha volta ao mundo para "comprender un pouco mellor este mundo tan raro e fascinante"
Xurxo Mariño e Elisa Couto continúan a súa viaxe ao redor do planeta. Nestes momentos atópanse en Namibia e unha vez que abandonen África dirixiranse cara á Terra de Fogo sudamericana. Falamos con Xurxo Mariño sobre os obxectivos e experiencias desta aventura.
O fracaso da macroplanta de Pescanova en Mira, ou como picou a 'burbulla' acuícola
O anuncio de que Pescanova busca desfacerse da macroplanta acuícola lusa, afogada polas perdas, devólvenos aos anos nos que o PP e algúns medios converteron a paralización do proxecto de Cabo Touriñán nun dos grandes cabalos de batalla contra o bipartito. O negocio dos peixes planos non o era tanto.
O peche de Televigo incrementa a desfeita da televisión local en Galicia
O concurso de licenzas de TDT local de 2006, que beneficiou as cabeceiras de prensa impresa e obrigou ao peche de canles consolidadas como Telecoruña, repatiu 48 frecuencias. Hoxe, emiten 11 televisións locais no país e só 8 con licenza.
"Os científicos son a Galicia espallada do século XXI"
O 25 de novembro bota a andar Gciencia, o primeira publicación de Galicia especializada na divulgación científica, que fará fincapé en dar a coñecer a actividade dos investigadores galegos, dentro e fóra do país. Falamos con Eduardo Rolland, un dos seus responsables
Sputniks da terra dos labregos
O Humsat-D será o segundo satélite que a Universidade de Vigo poña en órbita, o 21 de novembro, despois da exitosa experiencia do XaTcobeo. Forma parte dun ambicioso proxecto para facilitar o uso de satélites de pequeno tamaño. Xa se negocian acordos con varios países con distintas aplicacións comerciais.
Galicia é a segunda comunidade con menos emancipados entre os 30 e os 35 anos
O Consejo de la Juventud de España presenta o seu Observatorio de Emancipación, que amosa que en comparación con 2009, descendeu en vinte mil o número de galegos e galegas menores de 30 que vive fóra da casa familiar.