Aumenta a preocupación na Coruña pola creación das áreas de xestión clínica
A Xunta de Persoal do CHUAC alerta de que o novo modelo abre a porta á privatización, aínda que o SERGAS se comprometeu a non facelo. Sanidade quere crear tres destas entidades en cada área sanitaria; na Coruña serían en Psiquiatría, Cardioloxía e o Centro de Saúde de Sada.
"Coa nova reforma das pensións, as mulleres labregas son moito máis prexudicadas"
Falamos con María Ferreira Santos, responsable da Secretaría das Mulleres do SLG, que advirte das dificultades da posta en marcha da moi demandade Lei de Titularidade Compartida, que en Galicia só rexistrou dúas solicitudes, una ano e medio despois da súa entrada en vigor.
23 mil animais son abandonados cada ano en Galicia
A acción de asociacións protectoras e en defensa dos dereitos animais, con escasos recursos e un gran voluntarismo, así coma a dos refuxios municipais, palía en parte esta traxedia, pero resulta insuficiente ante a súa magnitude. Falamos coas protectoras Arco da Vella, Abeiro e Gato Pirata.
Cartos para investigación: escasos e dificilmente executables
A Confederación de Sociedades Científicas advirte non só dos recortes nos orzamentos destinados a investigación, senón do elevado grao de non execución dos mesmos, ao redor do 40%. O pasado ano un de cada tres euros dirixidos aos grupos e proxectos de investigación nas universidades galegas non se puideron gastar.
"Aposto por un nacionalismo galego rigoroso, fóra do roteiro indecente que criticamos no españolismo"
Xulio Pardo de Neyra, profesor da UDC, vén de publicar un estudo e edición de Margarida a da sorrisa d'aurora, "o primeiro conto infantil galego de autor", escrito por Evaristo Correa Calderón en 1927. Falamos con el sobre o papel da historiografía na construción nacional.
"Para nada son valente, foi máis ben unha fuxida. Sería máis valente quedar en Galicia"
Ana González e Antonio Cervera son dous galegos emigrados en Escocia, que despois de traballar durante anos en Galicia no mundo da arte buscaron en Edimburgo as oportunidades profesionais que a súa terra non lles ofrecía. Hai unhas semanas inauguraron Shrinking Cities. Expanding Landscapes, un proxecto expositivo sobre novos urbanismos.
O MIT premia o traballo da start-up galega Cilenis
O seu proxecto de corrección lingüística intelixente Avalingua foi recoñecido en Lisboa cunha mención de honor, que lle permitirá recibir asesoramento de mentores do prestixioso instituto tecnolóxico de Boston e acceder a investidores de toda Europa e Estados Unidos
"Temos que ter inventarios moito máis completos e actualizados do estado e explotación dos nosos recursos naturais"
A profesora da USC María Loureiro realizou a peritaxe dos danos económicos provocados a medio prazo polo Prestige, uns 4.328 millóns de euros. Salienta as posibilidades do bigdata para mellor coñecérmonos o noso país e láiase da limitación dos datos dispoñibles de sectores fundamentais, coma a pesca.
Como inhabilitar unha cámara de videovixilancia?
Zona Temporalmente Controlada é un proxecto expositivo, que se pode visitar até o mes de xaneiro na galería Zona C de Santiago de Compostela e que reflexiona sobre os mecanismos de control da sociedade contemporánea. Enumera, ademais, 23 formas de facer inservibles as cámaras.
Quen nos protexe dos cazadores?
A SGHN denuncia o perigo que a caza supón non só para quen a practican, senón a calquera persoa que camiñe polos montes. Sinala que, en termos relativos (número de cazadores, número de xornadas autorizadas, provoca máis mortos que os accidentes de tráfico.
"Porto Cabral é só a punta do iceberg dunha maneira obsoleta de facer urbanismo"
Falamos co colectivo O Monte é noso_Sachando procomún sobre o futuro do monte de Liñeiriños, do proxecto de Porto Cabral e dos conflitos que xera e xerará o PXOM vigués. Sinala que "se a oposición ao PXOM non se visibilizou tanto é porque pola crise o plan apenas comezou a desenvolverse"
O gasto militar con Rajoy foi superior en 4.500 millóns ao recoñecido nos PGE
Un informe do Centro Delàs d'Estudis per la Pau sinala o '"gasto oculto" do Ministerio de Defensa, que a través de créditos e outras partidas extraordinarias, supera en moito o previsto inicialmente. Tamén denuncia o peso cada vez máis importante da investigación militar no I+D+i español