Dez artistas reinterpretan a ollada de Maruja Mallo sobre Lugo
A exposición, comisariada por Encarna Lago e Anxela Caramés, inaugurada o pasado 7 de marzo, reúne dez creadoras, que traballan a partir da Guía Postal de Lugo, realizada en 1929 pola vangardista nacida en Viveiro
Denuncian a "incompetencia" da Xunta pola ausencia dun plan de prevención de incendios
A Asociación Profesional do Servizo Público de Defensa contra Incendios Forestais alerta de que Medio Rural está a incorrer nos mesmos erros cometidos o pasado ano: "non auguramos nada bo". En Quiroga arderon 35 hectáreas nun espazo da Rede Natura
A 'smart city' da Coruña: A cidade do futuro ou fume tecnolóxico?
As forzas da oposición municipal teñen realizado numerosas críticas a este ambicioso proxecto, orzamentado en 12 millóns euros. Só despois de dous anos comezan a licitarse as primeiras as actuacións. A máis recente: unha aplicación para xestionar as prazas de aparcamento, que custará case 200 mil euros.
"Cando rabuñas na superficie patriarcosa, encontras unha chea de mulleres escribindo, cineando, gobernando"
A plataforma de critica literaria feminista A Sega celebrou hai uns días o seu primeiro ano de actividade, lembrando o esquecemento que seguen a sufrir as autoras e críticas, nun campo dominado por homes e por visións masculinas.
A saída de Sogama comeza por Deza e o Salnés?
Coa nova suba das taxas os 110 mil habitantes do Salnés pagarán 3,3 millóns de euros anuais a Sogama, cantidade que financiaría en dous anos unha planta de tratamento semellante á de Lousame, que custou seis millóns e que dá servizo a 97 mil persoas e xestiona 40 mil toneladas
A USC mirando ao futuro: os deberes do novo equipo de goberno
Falamos con colectivos de estudantes, PAS e persoal investigador e pedímoslles que valoren a xestión realizada por Juan Casares e os retos que deberán enfrontar os novos xestores tras as eleccións do 25 de abril.
Monterrei: un castelo público para o beneficio privado?
O monumento foi cedido en 2010 á Xunta para que tivese un uso como "centro de divulgación e promoción da moda, o viño e as augas medicinais da comarca". Porén, o Goberno galego prepara a instalación alí dun Parador
"Nin en Londres nin en Portugal, aborto legal na seguridade social"
Milleiros de persoas encheron a praza da Quintana na manifestación convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, para esixir "respecto aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres" e demandar que non haxa que volver a recorrer aos abortos clandestinos. Vídeo e galería de imaxes no interior.
Ferrol Vello: prégase o uso do casco
Un cento de veciños e veciñas participaron este sábado nunha concentración convocada pola Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello para demandar unha solución para o barrio.
Universidade, arte, tecnoloxía: Moi lonxe da igualdade
Neste 8 de marzo cómpre falar dos avances producidos na incorporación da muller ao mercado de traballo en igualdade de condicións, e tamén das desigualdades (por exemplo nos salarios) que continúa habendo. E tamén de campos nos que a súa presenza segue sendo escasa, sobre todo en postos de responsabilidade.
Nin a Xunta nin a Delegación do Goberno actúan contra o aeródromo ilegal de Caldas
As instalacións, que carecen do necesario permiso da Axencia Nacional de Seguridade Aérea, contan tamén con informes desfavorables de Adif, que alertan do perigo que supón a súa proximidade a un viaduto pola que pasa a liña do ferrocarril. AGE esixe o seu peche.
Un barrio de 'Mar e Ferro'
Radiofusión e o Centro de Promoción Social do barrio de San Valentín (Fene) organizan o vindeiro 15 de marzo unha xornada de intervención artística que cubrirá as paredes deste barrio anexo ao estaleiro de Navantia (antes Astano) de murais alusivos ao mar e á construción naval.