"Hai que desdramatizar a independencia. Nin sequera o Estado español é independente"
A USC e o Consell de Diplomàcia Pública de Catalunya veñen de celebrar en Compostela unha xornada de debate sobre o proceso soberanista catalán e o dereito a decidir. Falamos cun dos expertos participantes, Joan Lluís Pérez Francesch, profesor de Dereito Constitucional da UAB
Arousa maniféstase polo emprego, mentres as traballadoras de Cuca seguen á espera do apoio da Xunta
A marcha percorrerá as rúas de Vilaxoán dende as oito da tarde. Está apoiada por todos os partidos, mesmo polo PP, que segue sen pronunciarse a nivel galego sobre a obriga de Garavilla de cumprir a sentenza.
Quen son os ananos?
Chévere estrea este venres en Pontevedra a súa nova obra, Ultranoite no Pais dos Ananos, que a partir do 25 de abril se poderá ver durante tres semanas en Teo. Vén de abrir un espazo web no que irán adiantando algúns aspectos da produción e establecerán un diálogo ao seu redor
Unha homenaxe ao poeta obreiro e emigrante
Dende esta semana pode verse no Museo do Pobo Galego unha exposición dedicada a Manuel Rodríguez López, unha mostra que xa se puido ver en distintos lugares da provincia de Lugo, e que en maio viaxará a Catalunya, onde escribiu boa parte da súa obra.
"A radio comunitaria veu substituír o servizo público que daban as radios locais"
Este venres comeza na Coruña o Encontro Europeo de Medios do Terceiro Sector. Falamos con Miriam Meda, presidenta da Rede de Medios Comunitarios, sobre a situación destas radios e televisións en España e da súa función social e xornalística
Grial, 50 anos abrindo camiños
A revista celebra o seu medio século de vida cun acto este xoves en Compostela no que participarán responsables da publicación e colaboradores, ademais de distintos profesores e autores residentes no estranxeiro e que intervirán por videoconferencia. Falamos con Henrique Monteagudo, codirector de Grial
Traballadores da CRTVG demandan a compañía polas inspeccións do correo persoal
A CUT, maioritaria no Comité de Empresa, presenta unha demanda de conflito colectivo ante o TSXG pola norma interna, aprobada o pasado mes de xaneiro, que permite intervir as comunicacións persoais. Denuncian ataques contra a liberdade sindical, o segredo profesional e o dereito á intimidade.
Unha doenza, non un estigma
Alume, a Asociación lucense de axuda a persoas con enfermidade mental, presenta unha campaña pola saúde mental inclusiva, á que xa se uniron personaxes públicos como Xosé López Orozco, Alfonso Rueda, Susana López Abella ou o actor Gabino Diego
Continúan as críticas a Teresa Baró pola súa defensa da submisión
Emilia Arias, de Pikara Magazine, cualifica en El Diario de "perigosas" e de "viaxe de volta a Atapuerca" as afirmacións da experta en comunicación que esta semana comezou a impartir un curso de linguaxe non verbal para os e as traballadoras da TVG.
Deixa de celebrarse a Feira das Culturas de Compostela
Este encontro cultural de Santiago e a súa comarca celebrábase en Área Central o primeiro sábado de cada mes. Os seus organizadores, un grupo de cinco editoriais da cidade, acusan o sector de "non implicarse"
Galicia ten o seu propio 'caso Aguirre'
A Asociación Unificada de Guardias Civiles (AUGC) denuncia que Ana Belén Vázquez, deputada ourensá do PP no Congreso, coaccionou un axente de Bande para evitar multas por mal aparcamento e por non ter a ITV superada, e xunto co seu home, o alcalde de Bande, presiona para trasladar o axente.
Os apicultores galegos denuncian que se mantén a elevada mortandade das abellas
A Asociación Galega de Apicultura cualifica de "catastrófica" a situación en Galicia e elevan a entre o 30 e o 40 por cento a taxa de mortandade anual, da que culpan aos insecticidas neurotóxicos