Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena (Montevideo, 1980). Tras ter traballado en Vieiros.com e outros medios, en 2012 formou parte do equipo que puxo en marcha Praza. Doutor en Xornalismo pola USC, analizou na súa investigación o papel da prensa en Galicia durante a Transición.

  • "Esta crise é unha máquina de triturar gobernos"

    César Calderón vén de presentar Otro Gobierno, un libro que analiza as razóns do progresivo afastamento dos cidadáns das propostas dos partidos de esquerda, para a que propón unha nova axenda política. Calderón é consultor e desenvolve estratexias de Open Government para a construción de administracións máis abertas e nas que os cidadáns poidan participar directamente.

  • Para os antitaurinos o Concello "quere lavar as mans" e esíxenlle que aclare se vai seguir cedendo gratis o Coliseo

    O goberno municipal da Coruña anunciou este mércores que deixaría de financiar os festexos taurinos coa subvención directa de 130 mil euros que entrega anualmente. Porén, os colectivos opostos a este espectáculo piden que deixe de cederlle de balde o recinto do Coliseo, unha subvención indirecta de 120 mil euros. O Concello da Coruña gastou case un millón e medio de euros nas touradas na última década.

  • Matar as abellas para salvar os eucaliptos?

    Xunta e ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón) queren fumigar as plantacións de eucalipto contra o gorgullo cun pesticida nocivo para as abellas, o fluxfenuron, que acaba de ser excluído da lista de produtos fitosanitarios autorizados pola Comisión Europea

  • Dylan chega a Galicia sen música

    As Xornadas Literarias do Concello de Neda, organizadas conxuntamente coa Facultade de Humanidades de Ferrol, estudan durante tres días unha figura da literatura universal, de Joyce a Virginia Wolf ou Kafka. Nesta ocasión, o protagonista será a poesía de Bob Dylan, que será analizada por Manuel Candelas (Universidade de Vigo), Vicente Araguas, que publicará este ano unha escolma de cancións de Dylan traducidas ao galego, César Candelas, ou o ex conselleiro de Cultura, Roberto Varela, recoñecido dylaniano.

  • Blanco Amor xa fala inglés

    Este domingo preséntase en Ourense a tradución d'A Esmorga, a novela máis popular do escritor, co título de On a bender. O libro, editado pola editorial galesa Planet, foi adaptado por Craig Patterson, cumprindo a encomenda realizada pola Deputación de Ourense e o Pen Clube, coa colaboración da Editorial Galaxia. Esta edición ten a particularidade, ademais, de que é a primeira que presenta o texto orixinal da obra, cos fragmentos eliminados pola censura.

  • Mariví Villaverde: "É insoportable ver como se vai desfacendo esta sociedade"

    A homenaxe á escritora e tradutora arousá, que desenvolveu no exilio unha intensa actividade cultural, centra os actos ao redor do aniversario da Segunda República da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, nos que tamén se presentará o libro A represión franquista na comarca da Coruña, coordinado por Emilio Grandío, Dionisio Pereira e Eliseo Fernández.

  • Paralizan un desafiuzamento en Ferrol

    Unha concentración diante da oficina central do BBVA na cidade conseguiu evitar o desafiuzamento do café bar O Carballo. Os afectados denuncian que a entidade adquirira un compromiso verbal polo cal se comprometían a venderlle o negocio se este ingresaba o diñeiro da hipoteca, cantidade que conseguiron mediante un crédito con outra entidade, chegando a hipotecar unha vivenda. Porén, o BBVA pareceu retractarse do compromiso adquirido, até que este martes, a presión social fixo que o banco aceptase saldar a débeda contraída. Galería no interior.