As touradas "teñen cabida como espectáculo igual que a danza ou o teatro"
A actriz Lucía Regueiro denunciou as subvencións que reciben as touradas mentres que as artes escénicas sofren recortes, ao tempo que a concelleira de Cultura, Ana Fernández, afirmaba que "teñen cabida como espectáculo, igual que a danza ou o teatro" e que "non será o PP" o que acabe coas tourades na Coruña.
"Vivimos nunha resaca da que nunca houbo borracheira"
Os muradáns Terbutalina serán os protagonistas do Festival Vitaminas para o Galego, que se celebrará este venres na Gentalha do Pichel, en Compostela, e que busca chamar a atención sobre a necesidade de potenciar os medios de comunicación en galego.
"Esta lei é unha ferramenta para a privatización de todo o monte do país"
PSdeG-PSOE e BNG, ao igual que colectivos ambientalistas (ADEGA e Verdegaia) ou o Sindicato Labrego Galego, opóñense frontalmente á Lei de Montes, que este martes iniciou o seu trámite parlamentario. Acusan ao PP de ter unha visión "economicista" do monte, de dificultar o desenvolvemento do rural, de atacar os montes comunais e de diminuír os elementos de prevención dos incendios forestais.
A Plataforma contra as Fumigacións presenta unha denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente
Constituída por unha vintena de entidades, entre elas o SLG, ADEGA, Verdegaia, Fruga, Véspera de Nada ou a Asociación Galega de Apicultores, realiza tamén unha campaña de información para evitar que os propietarios de montes asinen os permisos para a fumigación aérea con Flufenoxuron, moi tóxico e prohibido pola UE.
"O incremento do interese polo portugués ten moito que ver coas saídas profesionais que ofrece"
Xoán Montero Domínguez, presidente da Associação de Docentes de Português na Galiza, salienta que no último ano as matriculacións nas Escolas Oficiais de Idiomas para estudar esta lingua aumentaron notablemente. Varias ducias de alumnos de Monforte inician unha campaña para poder aprender portugués no centro da súa vila e non ter que desprazarse a Ourense ou Lugo.
Teatro en 140 caracteres e en tempo real
Amores Prohibidos 2.0, a última obra de Chévere, leva o teatro ás redes sociais do 23 ao 27 de abril. A historia, unha versión de Romeo e Xulieta co conflito lingüístico como contexto, é narrada e desenvolvida por alumnos do IES A Cachada de Boiro a través de videos en youtube e valéndose de Facebook, Tuenti e Twitter. É a primeira experiencia deste tipo no Estado.
A Comisión Europea investiga a Deputación de Ourense por "sospeitas fundadas de fraude e corrupción"
A Oficina Europea de Loita contra a Fraude abriulle un expediente ao ente provincial pola súa xestión dos fondos estructurais
75 anos "do suicidio colectivo máis grande da guerra civil"
O 23 de abril de 1937 nove persoas -socialistas, anarquistas, galeguistas e comunistas- que tentaban fuxir a Francia dende o Berbés no bou Eva, perderon a vida ao ser descubertos polas autoridades fascistas. Preferiron suicidarse a entregárense. A asociación cultural viguesa á que lle dá nome a embarcación organiza un recital poético este luns, a partir das oito e media no Berbés.
O endurecemento da Lei de Estranxeiría pode deixar sen atención sanitaria dez mil persoas en Galicia
O Foro Galego de Inmigración denuncia que a decisión, aprobada no Consello de Ministros do venres, de incrementar os requisitos para acceder á tarxeta sanitaria afecta a 600 mil persoas migrantes que no conxunto do Estado aínda non regularizaron a súa situación.
"Despois de Ezlekuak decidimos tomar un descanso indefinido. Necesitabamos algo de espazo e de tempo"
Lisabö actuarán este sábado na sala Karma de Pontevedra, na festa de aniversario de Desconcierto. Adorados pola crítica e envexados por músicos e bandas, o seu último álbum, Animalia Lotsatuen Putzua, foi escollido por Rockdelux como o mellor disco español do 2011.
Xorde unha Alianza polo Medio Rural
Este venres e sábado celébranse en Pontevedra as Xornadas por un Medio Rural Galego Vivo, que analizarán a súa situación dende distintas perspectivas: reforma da PAC, as políticas de emprego do rural, as políticas ambientais ou a xestión dos montes comunais. Ademais, constituirase unha Alianza de traballo entre ADEGA, CIG, FRUGA e as comunidades de montes.
"A xente quere que o galego volva aos quioscos"
O semanario Sermos Galiza comezará a funcionar o vindeiro xoves 26 na rede e publicará o seu primeiro número en papel ao redor do 17 de maio. A súa redacción, formada por cinco xornalistas, afirma que a cabeceira "ten a vontade de sumar esforzos e de converterse tamén en rede de colectivos e persoas. Queremos ser o seu altofalante”