"O 84% dos cultivos son polinizados polas abellas"
Lugo acollerá este venres a Xornada da Asociación Galega de Apicultura sobre o papel das abellas na economía e sostibilidade do medio. Os organizadores sinalan, entre outros datos, que a apicultura dá traballo a 3.500 persoas no noso país, cunha facturación anual de 12 millóns de euros. Ademais, salientan que a actividade das abellas afecta o 76% da alimentación, influíndo en “sectores piares da economía como a agricultura ou a gastronomía”.
“Seguimos estando resentidos, cando menos da próstata”
Publícase A tribo toda baila, un disco dobre cunha escolma de vinte cancións dos Resentidos e as correspondentes versións de bandas galegas actuais (de The Homens a Ruxe-Ruxe, pasando por Emilio José ou El Puto Coke) que conmemora 30 anos de música feliz da banda liderada por Antón Reixa. Un anticipo do concerto de homenaxe que o sábado 12 de maio terá lugar en Ourense, con tres dos cinco resentidos orixinais e a participación de Budiño, Bieito Romero, Uxía, Xurxo Souto, Julián Hernández, Miguel Costas, Tonhito de Poi ou Xosé Manuel Pereiro.
"A autoestima é a base para que un goberno de esquerdas defenda os intereses de Galicia"
Iniciamos con Camilo Nogueira unha serie de entrevistas para reflexionar ao redor dos 30 anos de autonomía e de actividade do Parlamento galego. Nogueira foi o deputado máis activo nas dúas primeiras lexislaturas, un período no que se construíu boa parte do entramado institucional e simbólico do autogoberno de Galicia. Falamos con el deste traballo, do actual proceso de recentralización do Estado e da actualidade política galega.
O 1º de Maio aviva a mobilización contra a reforma laboral
CC.OO. e UGT por unha banda, e CIG pola outra, reúnen milleiros de manifestantes en toda Galicia. A Coruña acolleu os actos centrais dos tres sindicatos. CC.OO. e UGT reclámanlle ao Goberno que abra un proceso de negociación "para cambiar a fondo" a reforma, mentres que a CIG chama a unha folga xeral na primeira quincena de xuño. Galería de imaxes e audios no interior.
A Xunta renovará o convenio que exime a familia Franco de abrir o Pazo de Meirás cando se aloxe nel
O Goberno gastou máis de 32 mil euros o pasado ano na seguridade do inmoble, en virtude dun convenio que tamén exime os Franco de abrir o Pazo (declarado BIC) ao público cando se atopen alí. O Valedor do Pobo remitiulle á CRMH, en resposta a unha queixa presentada en setembro, o informe emitido pola Dirección Xeral do Patrimonio.
Varios alcaldes denuncian gastos innecesarios de milleiros de euros no proxecto turístico 'Portas de Galicia'
Na xuntanza que a asociación celebrará este luns o rexedor socialista de Castrelo do Val, Vicente Gómez, exporá o seu malestar, que comparte co concello da Mezquita, tamén do PSOE, mais tamén con algúns edís do PP próximos a Baltar, coma os de Cualedro, Monterrei, Laza e Oímbra. O programa ten un orzamento de 2'5 millóns de euros e gastou xa 300 mil euros -sen resultados visibles- e no 2012 gastará 900 mil.
Milleiros de persoas denuncian nas rúas os ataques do Goberno do PP á educación e sanidade
As manifestacións, convocadas por CC.OO. e UGT, fixeron especial fincapé ademais nos dereitos dos maiores e pediron que a oposición se una nunha alternativa "plural pero unitaria". Galería de imaxes no interior
'Amores Prohibidos 2.0' abre novos camiños para o teatro en Galicia
A obra de Chévere, realizada en tempo real durante os últimos días, coa participación de alumnos do I.E.S. A Cachada de Boiro, e con todas as ferramentas das redes sociais (youtube, twitter, tuenti, actuable...) ao seu alcance, finaliza cun rotundo éxito. A obra 2.0 pode ser o agromo de experiencias semellantes, de novos formatos e mesmo de residencias artísticas virtuais en redenasa.tv
A Plataforma polo Aforro Público presenta tres mil sinaturas para pedir que se investigue a xestión de NCG
A Asamblea Aberta de Ourense entregou o escrito na Fiscalía Anticorrupción, nun acto no que Miguel Quinteiro, ex traballador de Caixanova e membro de Attac, denunciou o proceso de bancarización das caixas e a acción dos consellos de administración das entidades, que facilitaron a "conversión nun banco especulativo".
Quen dixo que en Galicia non se fai rock?
Nas últimas semanas presentaron novos traballos Ruxe-Ruxe, Zënzar e Machina. Dende Aríns e Cerceda, levan anos (25 no caso de Zënzar) facendo ruído por toda Galicia, con letras e guitarras afiadas, antes e despois do bravú, antes e despois do indie. Falamos con eles das súas traxectorias, dos seus últimos discos e do futuro. Praza regálavos dúas entradas dobres para o concerto de presentación do no álbum de Zënzar, o 5 de maio en Ordes.
O BNG replícalle a Baltar que se limitou a informar das "fundadas sospeitas de fraude, corrupción ou ilegalidade"
O presidente da Deputación ourensá acusou este mércores a eurodeputada Ana Miranda de “fabricar unha noticia que non existe”, que contesta que o único que fixo foi "trasladar a opinión pública a información facilitada pola Comisión Europea".
"A xente engánchase a Enemigos coma se fose unha droga dura"
Volven Los Enemigos. Despois de dez anos da súa xira de despedida, regresan nunha revolta que os traerá dúas veces a Galicia: a finais de xuño no Derrame Rock de Ourense, e este venres en Vilagarcía, nun Festival do Norte que reúne un ano máis unha selección do mellor pop do Estado: Fangoria, Love of Lesbian, La Casa Azul, Klaus & Kinski, El Columpio Asesino, Pegasvs ou os composteláns Disco las Palmeras. Falamos con Chema, batería da banda.