Para EU a fronte de esquerdas converterá "a rabia en votos"
Esquerda Unida e Anova continúan o traballo para a elaboración dun programa común, que tamén se negocia con outras formacións como Equo. Antes deste martes deberán rexistrar unha nova denominación para a coalición, pois 'Alternativa Galega' é coincidente coa marca que Pastor Alonso Paz presentou ás eleccións de 1993.
Preparan unha homenaxe ao patrón do Xurelo
Ánxel Vila faleceu o pasado mes de decembro. O Concello de Ribeira acollerá o sábado 15 de setembro uns actos que incluirán unha mesa redonda sobre a historia dos vertidos nucleares na foxa atlántica coa participación de Camilo Nogueira, Manuel Rivas, Amada Traba, Pili Pereiro ou Manuel Anxo Méndez.
Cualifican de "apaño" e "electoralista" o 'programa de atención alternativa' da Xunta
SOS Sanidade Pública, Foro Galego de Inmigración e Médicos do Mundo denuncian que o decreto do Goberno central que suprime a atención sanitaria para os sen papeis elimina o carácter universal da sanidade, excluíndo unhas nove mil persoas en Galicia. A CUT ocupou un ambulatorio en Compostela, onde permanecerán pechados até este martes.
Beiras proponlles a BNG, EU e CxG unha fronte "anti PP" de difícil concreción
Mentres, Compromiso ofrécelle á formación do histórico líder nacionalista unha coalición a dous. Parece difícil que o BNG se integre na fronte proposta, mentres que Esquerda Unida podería ver con bos ollos a fórmula, semellante á súa proposta dunha Syriza galega.
Responsabilizan a Hidralia da violencia contra as mulleres en Barillas (Guatemala)
As manifestantes despregaron unha faixa en María Pita e despois levaron a súa protesta á sede da empresa coruñesa e á casa de Francisco Vázquez, ao que acusan de beneficiar o empresario Luís Castro Valdivia.
O Foro da Inmigración alerta do inicio dun "cambio de modelo sanitario”
A entidade espera que a Consellaría de Sanidade, coa que se reúnen este venres, lles ofreza unha alternativa para evitar que as persoas migrantes sen regularizar perdan o seu dereito á saúde. Pero máis aló deste "apaño", reclaman xunto a S.O.S. Sanidade Pública e á Asociación Galega de Medicina Familiar a modificación da norma estatal, para garantir o dereito universal.
Os tribunais amárganlle a Feijoo o final de agosto
PSdeG-PSOE, BNG, Anova e Compromiso solicitan a súa comparecencia para que dea explicacións públicas sobre a revogación da anulación do concurso eólico e sobre os concertos educativos con centros que segregan os alumnos por xénero. A convocatoria electoral en Euskadi ou as preferentes tamén afectan aos plans do Presidente da Xunta.
Comeza a batalla para que a cidadanía coruñesa teña unha licenza de radio
A emisora comunitaria Cuac FM, que leva emitindo dende 1996, preséntase ao concurso para acadar unha frecuencia comercial, ao tempo que segue reclamando que a administración reserve espazos para as entidades sen ánimo de lucro. Inicia unha campaña de crowdfunding para recadar 12 mil euros e prepara accións divulgativas e de contacto con formacións políticas e colectivos sociais.
Cuac pelexará por unha licenza de FM, aínda que a Xunta exclúe as radios comunitarias
O concurso público para a concesión de 84 licenzas de emisión en frecuencia modulada está na práctica restrinxido ás emisoras comerciais, pero a entidade coruñesa presentarase á convocatoria como unha forma de reivindicar os medios de comunicación realizados por e para a cidadanía.
O BNG loitará no Parlamento Europeo pola prohibición do uso de cianuro en minas
A nacionalista Ana Miranda e o eurodeputado alemán Reinhold Butiköfer, que se reuniron este sábado con membros da Plataforma en Defensa de Corcoesto, traballarán na Comisión de Industria e Enerxía para evitar proxectos coma o da empresa Edgewater. Na actualidade a lexislación europea recomenda non empregar cianuro, pero aínda non o prohíbe.
Reforma enerxética: prexuízo para os consumidores, beneficio para as empresas
Economistas frente a la crisis analiza as medidas apuntadas polo Goberno central e afirma que o incremento impositivo será pagado polos cidadáns con incrementos de prezos, mentres que as grandes empresas produtoras (agás as de enerxías renovables) sairán beneficiadas
O 12% dos fogares galegos xa chega "con moitas dificultades" a final de mes
O IGE publica os datos da súa enquisa trimestral, que amosa un novo descenso na confianza dos consumidores e na valoración da situación financeira persoal e xeral. Aumentan as familias que tomaron medidas para reducir gastos, pero tamén se incrementan as que di que se permitiron ou se van permitir "algún extra".