Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena (Montevideo, 1980). Tras ter traballado en Vieiros.com e outros medios, en 2012 formou parte do equipo que puxo en marcha Praza. Doutor en Xornalismo pola USC, analizou na súa investigación o papel da prensa en Galicia durante a Transición.

  • Así se preparan as festas de San Pedro

    Falamos con organizadores e voluntarias destes festexos composteláns, exemplo de celebración popular, participativa, "de barrio", e realizadas sen apoio económico ningún das administracións. Comezaron este martes e durarán até o domingo, co sábado como día grande.

  • Manifesto Crowd: As empresas abertas e construídas polas multitudes

    Juan Freire e Antoni Gutiérrez-Rubí publicaron hai uns meses Manifiesto Crowd, unha obra aberta que busca explorar como as transformacións radicais que está a experimentar a nosa sociedade afectan as estratexias empresariais. Defenden que o éxito está do lado das empresas permeables, abertas e interconectadas coa comunidade que as rodea.

  • "O meu corpo é a miña protesta"

    Unha manifestación plural e diversa na súa composición e mensaxes demanda “o dereito ao aborto libre, sen máis causas que a vontade da muller nas primeiras semanas" e destaca que as mulleres "non queremos que se nos titorice. Somos capaces, sabemos o que decidimos”. Galería de imaxes e audio no interior.

  • Galicia xa ten o .gal

    Despois da aprobación onte pola ICANN e dun periodo transitorio, o dominio será realidade no inicio de 2014. Manuel González, presidente da asociación puntoGAL, salienta a "importancia histórica desta nova" e afirma que "é unha conquista de toda a sociedade e un exemplo de que todos xuntos podemos". Audios no interior.

  • "Comamos coma Cunqueiros"

    Galaxia presenta A cociña dos Cunqueiro, unha obra que recolle oitenta receitas orixinais de Elvira González-Seco, dona do escritor. O seu fillo, César Cunqueiro prologa o libro, editado por Miguel Vila, Colineta.

     

  • "Antes de todo isto eu cría na pena de morte"

    Ray Krone pasou dous anos no corredor da morte, acusado dun asasinato do que finalmente se demostrou que era inocente. Dende entón converteuse nun activista do colectivo Witness to Innocence, que axuda os condenados e as súas familias e loita pola fin das execucións nos Estados Unidos. Está en Galicia da man de Amnistía Internacional.

  • Contra o desemprego, dignidade

    A reixa de Navantia, en Ferrol, encheuse de pezas de roupa este domingo nunha acción artística organizada por Radio Buguina. O obxectivo: sinalar a grave crise económica que vive a comarca e, en especial, a do sector naval. Galería de imaxes e vídeo no interior.