O Goberno central pídelle á USC que anule unha convocatoria de 16 prazas de profesor
O Ministerio de Facenda anuncia a interposición dun recurso contencioso-administrativo baseado no decreto do 30 de decembro do pasado ano, que prohibe a contratación de novo persoal.
A CIG proporalles a CC.OO. e UGT convocar unha folga xeral en setembro
Suso Seixo afirma que no caso de non chegar a un acordo, o sindicato mantería a convocatoria, neste caso unicamente con outras centrais nacionalistas. A CIG convoca, ao igual de CC.OO. e UGT, manifestacións contra os recortes para o vindeiro xoves 19.
ADICAE pediralle á UE que lles dea unha solución favorable ás preferentes
Despois de que o memorando que expón as condicións do rescate financeiro limitase os cartos que os bancos lles poden devolver aos afectados, a asociación levará a reivindicacións ás institucións comunitarias. O escándalo é destacado polo Wall Street Journal.
Cada familia pagará 500 euros máis ao ano pola suba do IVE
As asociacións de consumidores alertan de que o incremento do imposto indirecto vai supor un freo na capacidade de compra dos fogares, o que para a meirande parte dos expertos suporá un freo á recuperación económica a curto prazo. Tamén criticaron a medida, que sitúa o IVE de España por riba da media da zona euro, os labregos, os autónomos e o sector turístico.
Para cando un twitter en galego? Depende de ti
A campaña para que se poida usar esta rede social na lingua propia de Galicia colle un novo pulo despois de poñerse en marcha os servizos en catalán e euskera.
O novo recorte xa ten cifras: máis IVE, menor axuda aos parados e funcionarios sen paga extra
Mariano Rajoy anuncia no Congreso un paquete de medidas que buscan obter 65 mil millóns de euros para reducir o déficit público, centrado no recorte das axudas sociais e no incremento dos impostos indirectos. O IVE sobe do 18 ao 21 por cento.
ADEGA pide a caducidade da concesión franquista do Salto do Navia
Días despois de que o Ministerio de Medio Ambiente publicase a declaración de impacto ambiental negativa do encoro, impedindo así a súa construción, a asociación ecoloxista solicita que se anule para sempre o proxecto.
A Mostra de Teatro de Ribadavia homenaxeará a Francisco Pillado
A Mostra, que presentou este martes a súa programación, recoñece co Premio Abrente de honra a súa "ollada ampla e preocupación activa polas letras galegas", e cualifícao de "exemplo das bondades pedagóxicas das artes escénicas e do valor do pensamento artístico e da necesidade dun novo concepto da economía social". Audio no interior
"A declaración do Courel como parque natural traerá riqueza, postos de traballo e fixación da poboación"
A Escola Politécnica Superior de Lugo elaborou, a través do catedrático Antonio Rigueiro e do profesor Rodríguez Guitián, as directrices estratéxicas de actuación para a Serra do Courel, de cara á súa declaración como parque natural. Audio no interior
Rajoy e Feijoo fan a foto co Códice e limítanse a pedirlle á Catedral "un esforzo maior" para protexelo
A preocupación do Goberno central fica no ofrecemento dun "convenio de colaboración" para mellorar a seguridade do libro e nun "chequeo" do seu estado. Rajoy di que "a inmensa maioría dos cidadáns están hoxe un pouco máis contentos".
EU pide unha "solución definitiva" para a estatua de Franco, dez anos despois da súa retirada
A coalición propón que se funda a peza para, co metal resultante, erguer un monumento conmemorativo dedicado ás vítimas da ditadura.
As saídas da crise para a prensa avanzan lentamente
As cabeceiras impresas terán no 2012 o seu peor ano en circulación e publicidade, pero os ingresos xerados polos medios dixitais son aínda testemuñais. As experiencias de pago por ler nos Estados Unidos e nos medios especializados online son nestes momentos a esperanza para manter os postos de traballo.