118 mil sinaturas para que maltratar un animal non saia tan 'barato'
Libera entregou este venres no Parlamento os apoios recibidos á súa petición pública para actualizar a norma galega de protección, que data de 1993. O martes debaterase na cámara a toma en consideración dunha proposición de lei impulsada por AGE neste sentido. Falamos con Rubén Pérez Sueiras.
Elas len, eles navegan por Internet
Un informe elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, do CCG, destaca que as mulleres len máis e tamén acoden en maior medida a bibliotecas, ao teatro e a concertos. Os homes, pola contra, realizan máis o seu consumo cultural a través da rede, ven máis a televisión e miran DVDs.
"No disco anterior non podía tocar ningunha guitarra, e agora tócoas todas. Foi como renacer"
Magín Blanco última a gravación de Gatuxo, un novo álbum infantil que acompañará o espectáculo do mesmo nome, estreado hai unhas semanas en Pontevedra, e que continúa o éxito acadado por A nena e o grilo e A nena e o grilo nun barquiño, editados tras o accidente que en 2010 case o aparta da música.
"Banalizouse a información. Confúndese o feito de comunicar, a través das redes sociais, con facer xornalismo"
Javier Espinosa, Ricardo García Vilanova e Marc Marginedas recibiron este mércores en Ferrol o premio José Couso, polo seu labor como reporteiros en zonas de conflito, un traballo cada vez peor pagado e con máis riscos polo que permaneceron secuestrados durante meses en Siria. Falamos con eles.
“Até agora respectei as regras, pero a partir de hoxe xa non. Non quero pagar”
O pasado 21 de marzo Alberto Rendo, de Narón, protestou contra os elevados e crecentes prezos da AP9. Chegou á peaxe e comunicou que non tiña intención de pagar, polo que foi multado con 280 euros. Recolleu a súa acción en tres vídeos que publicou posteriormente e advirte de que continuará coa súa loita.
Mil 'selfies' para a lingua galega
Prolingua lanza unha iniciativa para gravar video-selfies coa frase "Por min o galego terá mil primaveras máis", que conmemora ademais o 35 aniversario desta frase de Álvaro Cunqueiro.
A quen votan os parados e paradas?
Un estudo da Fundación Alternativas conclúe que o comportamento electoral das persoas sen emprego non é diferente do dos ocupados, descartando que castiguen co seu voto os partidos gobernantes, e só detecta unha menor participación. Falamos cun dos seus autores, Miguel Caínzos, profesor da USC.
Son necesarias unha autoestrada e tres autovías paralelas en Pontevedra?
A SGHN vén de presentar ante o Goberno central un novo escrito sobre o proxecto de Autovía A-57 (Pontevedra-Porriño), denunciando o malgasto de recursos nunha infraestrutura innecesaria, que se uniría á nova A-59 (Vilaboa-Peinador), á autovía A-55 (Vigo-Porriño) e á AP9, de pago.
Cuntis: En defensa dunhas termas para toda a veciñanza
A Plataforma Veciñal na Recuperación do Patrimonio Termal rexistrou un recurso de alzada dirixido á Consellaría de Industria polo proxecto de saneamento da burga Lume de Deus, unha das dúas termas de acceso público na localidade, un uso público que se vería ameazado.
Entidades pola educación inclusiva denuncian os efectos dos recortes da Xunta no ensino
Parten do caso de Arturo un neno con autismo escolarizado no CEIP Salgado Torres da Coruña, pero advirten que "é un máis dos moitos que últimamente se dan nos colexios públicos de Galicia e que están directamente relacionados coa diminución de orzamentos para a educación".
A parálise de Navantia anticipa un 1º de maio quente en Ferrol
Ás habituais manifestacións convocadas polos sindicatos, que se prevén moi numerosas, únense outras mobilizacións dende este martes. O xoves, ademais, un grupo de cidadáns chaman a "rodear o Concello" durante todo o día para esixir medidas para paliar a difícil situación da comarca.
O vento de Syriza sopra en Galicia
Alexis Tsipras, líder da coalición grega e candidato da esquerda europea a presidir a Comisión, protagoniza con Lidia Senra o acto político celebrado por AGE este domingo en Compostela, e no que tamén participaron Willy Meyer, José Soeiro (Bloco), Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz.