  - Natasha: o calvario das outras refuxiadas- Esta muller transexual paquistaní abandonou o seu país rumbo a Europa. Non deixou atrás unha guerra, pero si unha violencia extrema que seguiu durante a súa odisea até Grecia, desde onde espera chegar a España cun visado humanitario que debe conceder o Goberno central. Vídeo no interior. 
  - Roula, a muller grega que acolleu cen refuxiadas- VÍDEO-REPORTAXE Na casa desta xubilada en Kavala xa viron a luz tres pequenos e varias persoas recuperáronse de graves doenzas. "Non aturabamos ver como toda Europa lles daba as costas", di quen convive agora cun sirio e unha familia curda. "Con elas chegou a alegría", asegura. 
  - Skala Sikaminea, unha vila de Nobel- VÍDEORREPORTAXE A pequena localidade da illa de Lesbos ten varios veciños como candidatos ao premio Nobel da Paz pola súa organización e labor para axudar as refuxiadas que chegaban ás súas costas. "Un Nobel non vale para nada; o que queremos é que acabe a guerra", din. 
  - O inhumano campo de Moria, en Lesbos: "Trátannos como animais"- VÍDEORREPORTAXE O centro de detención é un dos puntos negros do acollemento de refuxiadas en Grecia. Ateigado, con mala comida, abafante calor e escaseza de auga potable, a súa opacidade é total e varias ONG abandonaron xa o recinto ante a vulneración dos dereitos das persoas. 
  - O 'oasis' de Kara Tepe: onde as refuxiadas son hóspedes- VÍDEORREPORTAXE O proxecto Refuxiados pasa un día neste campamento para persoas vulnerables, un exemplo e modelo en Europa sobre o tratamento aos desprazados, aos que "proporcionan coidados e garanten os seus dereitos" para "preservar a dignidade". 
  - Aylan: un ano despois, 400 nenos máis afogados no Mediterráneo- Este venres cúmprese un ano da morte e imaxe do cativo curdo que axitou as conciencias de millóns de persoas. 365 días despois, a realidade das desprazadas segue a ser igual de crítica tras a ineficaz política da UE. Dende 2014, máis de 10.000 migrantes perderon a vida no Mediterráneo. 
  - "O verdadeiro problema que temos en Grecia é a UE; nunca tivo un plan cos refuxiados"- ENTREVISTA Spyros Galinos é o alcalde de Lesbos, gabado polo seu compromiso cos refuxiados que chegan á illa. Fala claro e carga contra a política europea: "É irracional buscar só os beneficios de participar na UE pero non apoiar solucións cando hai unha crise comunitaria". 
  - Proactiva Open Arms: arriscando vidas para salvar milleiros- VÍDEORREPORTAXE A organización humanitaria catalá continúa a salvar vidas a diario no Mediterráneo, a última vez o pasado luns, cando participou no rescate de 6.500 persoas. Só eles realizan actuacións directas no mar. "Non abandonaremos mentres haxa xente que poida morrer afogada" 
  - A solidariedade cos refuxiados impulsa en Lesbos novos modelos turísticos- A illa pasou en pouco tempo dunha economía e modo de vida baseada na pesca e no turismo a axudar milleiros de refuxiados e ser mundialmente recoñecida. Varias iniciativas impulsan proxectos alternativos e sostibles baseados nos valores humanos e que compensen o descenso de visitantes. 
  - "Europa pecha os ollos e mira cara a outro lado cos refuxiados"- VÍDEORREPORTAXE Case 60.000 persoas esperan bloqueados en Grecia poder ser aceptadas nalgún Estado da UE e tan só 500 persoas foron recolocadas dun total de 160.000 pendentes. Testemuñas do seu drama, refuxiados e voluntarios opinan da resposta comunitaria. 
  - "O tratado UE-Turquía ten consecuencias terribles para as máis vulnerables"- VÍDEOENTREVISTA Roberto Buttiglion, responsable do equipo loxístico de Médicos sen Fronteiras en Lesvos, cre que o pacto entre Europa e o goberno de Erdogan “só é unha operación de control das fronteiras que non dá solucións nin ningunha relevancia á protección dos refuxiados" 
  - A extrema dereita ataca unha casa de refuxiadas en Atenas- Grupos racistas atacaron con cócteles molotov unha 'squat' da capital grega onde durmían 250 persoas refuxiadas. Nos últimos meses, a ultradereita leva a cabo ataques racistas e Amencer Dourada intenta sacar rédito político co seu discurso xenófobo. 
