A CNMV apoia dúas xubiladas galegas na loita co Banco Popular polos seus bonos convertibles
O regulador bursátil recoñece que, neste caso concreto, non está demostrado que a entidade informase axeitadamente dos riscos da emisión deste produto complexo. Se a valoración se estendese ao resto de afectados/as (1.500 en Galicia), a CNMV podería impoñer unha forte sanción ao banco.
O escándalo das 'preferentes' do Popular consúmase e atrapa 1.500 galegos
Milleiros de afectados en todo o Estado ven como desde este 25 de novembro o seu investimento en bonos convertibles vira en perdas de ata o 80%. Os xuíces ditaminan contra o banco por falta de transparencia, produto complexo e un perfil de cliente sen formación, semellante aos preferentistas.
Os bonos convertibles do Popular: o escándalo das outras preferentes estoupa nun mes
O 25 de novembro vence este complexo produto que a entidade comercializou entre máis de 1.500 galegos e máis de 35.000 en todo o Estado, "persoas maiores e sen formación". Obrígaselles a converter os seus bonos en accións cunhas perdas que alcanzan o 80% do investido.
A única solución para Grecia: reducir a carga da débeda e darlle máis tempo para pagala
Os expertos económicos coinciden en que o país heleno non vai poder facer fronte ao seu endebedamento, cren que a negociación tras as eleccións basearase en máis axustes a cambio da reestruturación e as súas propostas están na liña das de Syriza.
A loita entre De Guindos e Feijóo que levou por diante Novagalicia
A venda da entidade galega a Banesco permítelle ao presidente da Xunta presumir de imporse aos criterios do ministro, que quería compensar a La Caixa con NCG polos favores prestados durante a crise financeira.
"Un novo Lehman Brothers podería estar ao caer"
"A falta de control do sector financeiro incrementou o risco dun novo crash mundial cuxas consecuencias poderían ser peores que o anterior", afirma a autora d' O informe Lugano II, Susan George, en cuxa opinión "Internet é unha boa ferramenta para organizarse, pero a protesta debe estar na rúa se quere triunfar"
Taxa Tobin na UE: moito márketing, pero nin rastro de solidariedade
A taxa europea que grava un 0,1% as transaccións financeiras está moi lonxe da idea de James Tobin. Non se implantaría ata dentro de dous anos e existe o risco de que non a acaben pagando os bancos, senón aforradores e investidores.