Dúas das praias máis agredidas do Estado, en Galicia
Greenpeace sinala os dez peores areais españois, nunha denuncia contra os efectos da Lei de Costas. Dous deles están en Galicia: a praia de Sabón -afectada pola construción do porto exterior da Coruña-, e a praia de Praceres -prexudicada por ENCE-
Unha nova sentenza permite mudar o nome dunha menor transexual en Galicia
O auto, que beneficia unha rapaza de Nigrán de 14 anos, engádese ao que hai uns meses permitiu o rexistro de Sara, unha rapaza de Lugo, filla de Cristina Palacios, presidenta de Chrysallis Galicia.
Krahe: Da Mandrágora ao crucifixo cociñado, unha vida irreverente
O cantautor faleceu a pasada noite, aos 71 anos de idade, dun infarto. Gravou 15 discos, sufriu a censura e foi xulgado (e absolto) por un presunto delito de "escarnio á relixión". Hai 15 días ofreceu o seu derradeiro concerto, e foi en Galicia, en Boiro.
'Mírame cuando te hablo', a webserie da Estrada que derruba barreiras
A produción en lingua de signos, que recibiu premios en Toronto ou Jaén, ademais de participar no festivais de Hong Kong, Donostia e Roma, prepara a súa segunda tempada
NÓS-UP, luzes e sombras de umha singular experiência da que apreendermos
Praza Pública
Anova aposta por unha candidatura "nacional galega" que vaia máis alá do nacionalismo
A súa Conferencia Política sinala "as mareas, a cidadanía activa e os partidos da esquerda rupturista" como eixos dunha posible lista e desbota as fórmulas electorais que "entenden unha candidatura galega como un apéndice dunha outra marca de ámbito estatal"
A violencia contra os nenos de ningures
Entidades sociais denuncian a situación que acotío sofren en Melilla ao redor de 60 menores estranxeiros non acompañados. En maio faleceu un deles, Oussama. Unha concentración de homenaxe foi multada con 1.500 euros e os seus organizadores sufriron xa os primeiros efectos da Lei Mordaza
Un manifesto pide unha celebración unitaria do 25 de xullo
O texto, "que nace da cidadanía" e "sen agardar instrucións nin consignas", fai un chamamento a unha celebración conxunta do Día Nacional de Galicia ao que se sumen as forzas políticas
O crowdfunding, tamén para a arqueoloxía
Catro comunidades de montes do Baixo Miño impulsan, xunto co Concello de Oia, o proxecto Costa dos Castros, unha proposta de dinamización social e turística a través do patrimonio, que vén de lanzar unha campaña de micromecenado.
AGE acusa a Xunta de "ceder competencias" en acuicultura "para afastar a toma de decisións conflitivas”
Iso é o que se deduce, segundo Juan Fajardo, das achegas do Goberno galego como poñente no Comité das Rexións ao documento O futuro da acuicultura europea.
Os 8 deberes que o informe do CES lle pon á Xunta
O Consello Económico e Social presentou este xoves a súa Memoria sobre a situación económica e social de Galicia, na que analiza distintos aspectos da realidade social e lle critica ao Goberno o atraso na publicación de datos sobre a RISGA ou as Axudas de emerxencia social.
O MGSM denuncia a limitación de ingresos psiquiátricos e a aceleración de altas en Santiago
A Plataforma sinala que se están a concentrar os ingresos na Unidade de Conxo mentres se deixa baleira a do Hospital Gil Casares nunha "estratexia para diminuír ocupacións hospitalarias e cuestionar a necesidade de recursos". "O resultado é a eliminación de facto de recursos sanitarios públicos", din