Os colectivos que defenden a continuidade de ENCE na ría celebran o apoio do PP
A denominada Plataforma de apoio á Industria na Comarca de Pontevedra e o comité de empresa da pasteira saúdan a aposta dos populares pola permanencia da factoría no seu actual emprazamento.
Tres de cada dez dependentes galegos con dereito a prestación non a reciben
Aínda que a lista de espera baixou dun 36,44% en 2009 a un 29,55% en 2014, esta sitúase once puntos por riba da media española, segundo un informe publicado por CC.OO. Os datos galegos só son peores noutras tres comunidades autónomas
Tomen aire
Praza Pública
Por Tutatis! O novo de Astérix, en galego!
O 22 de outubro de 2015 publicarase o 36º álbum de Ásterix e Obélix, O papiro de César, que será editado en galego por Xerais. Os autores son, de novo, o guionista Jean-Ives Ferri e o debuxante Didier Conrad.
O BNG pide á Xunta que Galicia adopte o fuso horario que comparte con Irlanda e Portugal
O Bloque rexistra unha proposición non de lei para corrixir "un dos maiores desfases no mundo entre a hora oficial e a hora solar" e lembra a "decisión política" que provocou esta diferenza, que xorde do réxime franquista, que unificou o seu horario co da Alemaña nazi hai 65 anos.
El País disponse a desmantelar o que queda da súa redacción galega
A dirección do diario de PRISA comunícalle ao persoal a intención de reducir á mínima expresión as súas delegacións en Galicia, Euskadi, Andalucía e Comunitat Valenciana, xa minguadas co ERE de 2012. Catalunya ficaría á marxe do recorte.
Talas masivas na Ribeira Sacra poderían facer perigar a declaración da UNESCO
Amigos da Terra critica a corta nos últimos días de centos de árbores, nun espazo de 80.000 metros cadrados, a carón do LIC Canóns do Sil. En paralelo, a SGHN denuncia a plantación de piñeiros nunha área moi próxima, reservada á especies protexidas de aves.
A wikimaratón da Galipedia fai parada na UDC
O 16 e 17 de abril celebraranse na Facultade de Informática da Universidade da Coruña as xornadas Coñece a Galipedia na UDC.
Unha de cada catro mulleres sufriu violencia de xénero nalgún momento da súa vida
O Ministerio de Sanidade publica a Macroenquisa de violencia contra a muller, que revela que o 15,5% das mulleres españolas sufriu violencia física, sexual ou medo das súas parellas nalgún momento da súa vida. Unha de cada catro (o 25,4%) sufriu violencia psicolóxica de xénero.
Un tren máis rápido entre A Coruña e Vigo entre as queixas dos usuarios galegos a Renfe
A ministra Ana Pastor viaxará este luns en probas nun dos trens que unirá as dúas cidades máis poboadas de Galicia nunha hora e pouco. A plataforma de usuarios do Eixo Atlántico acusa a Renfe de "darlles as costas aos cidadáns" por non aumentar horarios e polas escasas frecuencias.
A 'absolución' da Cruz franquista do Castro será levada ao Constitucional
Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 recorrerá finalmente ante o TC a anulación por parte do TSXG do ditame que obrigaba ao Concello a retirar o monumento da ditadura e levará a cabo unha colecta entre a cidadanía para reunir os 3.000 euros necesarios.
O vello bipartidismo non resiste