Os 'alcaldes de aldea' serán elixidos democraticamente en Lalín
O Concello asinou o cesamento dos 49 pedáneos, ata agora designados polo Goberno municipal, e que pasarán a ser escollidos pola veciñanza en votación directa e mudarán a súa denominación a alcaldes ou alcaldesas de aldea
A UDC demándalle á Xunta o pagamento de 8,7 millóns de euros pendentes
A Universidade da Coruña presentou un novo recurso contencioso-administrativo para esixir o abono de cantidades que -reclama- lle corresponden. Lembra que non ten débedas financeiras e reitéralle ao Goberno galego que o seu problema "é de ingreso, non de gasto".
Ana Miranda, liberada
Despois de ser interrogada polas autoridades israelís, embarcou nun avión en dirección a Madrid, onde chegará está mañá. O ex presidente tunisiano Moncef Marzouki e o deputado árabe da Knesset Basel Ghattas abandonaron tamén as instalacións nas que estaban retidos.
Gondomar: Gobernar a golpe de Facebook
Despois de recibir numerosas mensaxes favorables a través desta rede social, o novo alcalde da localidade afírmase decidido a deixar nunha rotonda un barco viquingo empregado polas comparsas do entroido, e que foi situado alí na noite de San Xoán como unha broma.
Somos Nós ofrécese como "escenario de encontro" para unha candidatura na que Galicia "sexa a protagonista"
A plataforma celebrou este domingo en Compostela a súa primeira asemblea xeral, na que aprobou os seus estatutos, un plan de traballo e designou a súa primeira xunta directiva.
Feijoo utiliza a Castelao para atacar as mareas
O discurso do presidente da Xunta na entrega das Medallas Castelao xira ao redor das "tradicións", para as que pide "respecto", en referencia á decisión dos alcaldes da Coruña e Compostela de non acudir á cerimonia do Santísimo Sacramento e á probable ausencia na ofrenda da Casa Real ao Apóstolo
Tour de Francia: Benvidos ao inferno
A vindeira fin de semana comeza a edición da rolda gala máis dura (ata nove etapas de montaña) e máis igualada dos últimos tempos, con Nibali, Froome, Contador e Quintana como máximos favoritos. O blog Elos e Canelas analiza as súas opcións e o percorrido.
O SLG acusa a Xunta de "abandonar as súas funcións" na crise do sector lácteo
Pascual, Río e Leitegal deixan de recoller leite de moitas granxas. O sindicato alerta do "desmantelamento do sector lácteo galego e a deslocalización da produción". O prezo por litro sitúase en Galicia por debaixo dos 28 céntimos, moi lonxe do pagado noutras comunidades.
BNG e Anova amosan disposición a unha celebración non partidaria do 25 de xullo
As dúas formacións difundiron senllos comunicados nos que se mostran abertos a unha "celebración unitaria" (BNG) e a unha "mobilización nacional convocada polo pobo galego” (Anova)
Tsipras: "Ante o autoritarismo da austeridade, responderemos con democracia"
O Goberno grego convocou un referendo (para o domingo 5 de xullo) para que a cidadanía se pronuncie sobre a última oferta realizada pola troika, que Atenas considera "inaceptable". Somos Ninguén traduce ao galego o histórico discurso de Alexis Tsipras.
Dia do Orgullo LGTBI: Bandeiras e propostas para seguir gañando dereitos
A bandeira arco da vella foi colocada nas fachadas dos concellos da Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Lalín, Narón, Cedeira ou Muros, entre outras localidades. Os colectivos celebran os avances acadados, pero lembran que aínda hai moitos espazos nos que non se acadou a igualdade.
As Letras 2016: Xela Arias, Carvalho Calero ou Manuel María
O plenario da Real Academia Galega reunirase o vindeiro 4 de xullo para escoller o homenaxeado ou homenaxeada.