A Xunta volve deixar fóra das subvencións para a compra de libros as bibliotecas do 42% de Galicia
BAMAD, a asociación que agrupa os bibliotecarios e bibliotecarias do país denuncia que o Goberno galego volve excluír das axudas públicas os centros das localidades de máis de 30 mil habitantes, que dan servizo a case a metade da cidadanía.
Culturgal: Unha feira para "presumir" de cultura
A organización do Culturgal presenta as novidades da súa edición de 2015, que se celebra do 2 ao 6 de decembro, de novo en Pontevedra.
Bota a andar a ILP da CIG contra a 'pobreza enerxética'
Suso Seixo destaca que 100.000 fogares galegos teñen dificultades para pagar a luz. O sindicato busca recoller dez mil sinaturas antes do 30 de outubro.
A Eurocámara apoia o informe sobre o TTIP tras un pacto de socialistas e populares
Cun acordo sobre os polémicos tribunais de arbitraxe, 436 eurodeputados votaron a favor do Informe Lange, cuxa votación fora adiada o pasado mes, 241 en contra e 32 abstivéronse. Entre os representantes socialistas houbo bastantes disidencias, aínda que o PSOE votou a favor.
O Parlamento europeo debaterá este xoves limitar a distribución de imaxes tiradas na vía pública
A cámara estuda a modificación da directiva de dereitos de autor da UE para ampliar a todos os países a actual liberdade de panorama, existente por exemplo en España, ou recortala, impedindo a difusión de fotografías de edificios ou esculturas recentes.
Cargos do PSdeG manifestan apoio a Besteiro, que "anteporá os intereses do partido aos seus"
A dirección dos socialistas admite que a imputación "cambia o escenario político" cara ao futuro do secretario xeral e esixe "celeridade" á xuíza. Mentres, Susana Díaz reclama que se aplique sobre Besteiro a "vara de medir" aplicada a Chaves e Griñán
Reclaman a reposición das dúas prazas de xestión da RISGA na Coruña
A Plataforma galega pola profesionalización dos servizos sociais denuncia a subsitución de dúas traballadoras especializadas por funcionarios sen formación específica na xestión da RISGA. A CIG critica que a Xunta trate como “simples expedientes administrativos” a cidadanía
Sogama non reducirá o canon malia obter 7,8 millóns de beneficios
Xustifícao en que debe amortizar 11,8 millóns de euros de débeda en 2016, aínda que tamén realizará obras de ampliación valoradas en 30 millóns, destaca o Faro de Vigo.
O 45% dos traballadores galegos non se beneficiarán da rebaixa fiscal do Goberno
Outro 25% (con ingresos entre 12.000 e 20.000) obterá tan só entre un 0,5% e un 0,7% de aforro. A redución do IRPF aplicarase nunha tarifa única en 2015. Para evitar a coexistencia de dúas estruturas do imposto, o novo gravamen estará a medio camiño entre os tipos vixentes e os previstos para 2016.
"Queremos sacar o divulgador que todo investigador leva dentro"
Cultura Galega botou a andar este luns Setestrelo, un portal de cultura científica que publicará monográficos, artigos de expertos, reportaxes e libros electrónicos. Comeza cunha serie de contidos sobre o CERN e xa prepara un especial sobre o solo. Falamos con Iolanda Casal
Nace a Plataforma pola defensa do sector lácteo galego
A entidade, formada polos sindicatos agrarios, e apoiada por partidos, cooperativas e outras organizacións sociais, esíxelle actuacións urxentes á Xunta e ao Goberno central e chama a participar na manifestación en defensa do sector, convocada para o venres 17 de xullo en Compostela.
Incendios, sector lácteo, caixas...: A oposición demándalle ao PP debate no Parlamento
O PSdeG-PSOE solicita a reunión da Deputación Permanente convocar en xullo un pleno extraordinario con comparecencia de Núñez Feijoo. O BNG demándalle explicacións sobre a crise do sector lácteo. AGE acusa os populares de "bloquear" a comisión de investigación sobre as caixas.