Este verán, os dominios .gal dende 36 euros máis IVE
A asociación PuntoGal anuncia unha promoción que se estenderá dende esta semana ata o 20 de outubro. Este 25 de xullo os 93 dominios pioneiros -entre eles praza.gal- celebran o seu primeiro ano de actividade.
Darío Rivas protagonizou a homenaxe nacional ás vítimas do franquismo
Máis de 400 persoas participaron este domingo no acto, organizado na Illa de San Simón pola Iniciativa Galega pola Memoria. Demandouse a derrogación da lei de amnistía e lembrouse que o Estado está a incumprir as recomendacións da ONU.
Os ferroláns xa poden consumir auga sen restricións
Tras 72 horas de veto, a Xunta púxose en contacto co rexedor Jorge Suárez para comunicarlle que os resultados da última cata eran correctos
Cabeceira sen siglas para a manifestación do Día Nacional
O lema da faixa será A nación galega e haberá un espazo para os cidadáns e cidadás que non queiran ir baixo símbolos organizativos
140 mil persoas, sen auga potable en Ferrolterra
Un elevado nivel de trihalometano obriga a recomendar á poboación de Ferrol, Narón, Fene, Ares e Mugardos que non consuman auga da billa. A situación tardará dous ou tres días en resolverse.
Cambio na Deputación da Coruña e pacto selado na de Pontevedra
O socialista Valentín González Formoso é investido cos votos de PSdeG, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños. PSOE e Bloque pechan o pacto para gobernar en coalición o ente provincial pontevedrés, que se constitúe este venres.
AGE e BNG critican o acordo PP-PSdeG para modificar o regulamento do Parlamento
Os voceiros de ambas as dúas formacións e mais do Grupo Mixto compareceron conxuntamente para denunciar o pacto a dous para a reforma do regulamento da cámara, e para a renovación do consello da CRTVG e do Consello Consultivo
'Artellando' unhas festas en movemento en Compostela
Este venres comezan, co pregón de Verónica Boquete, as Festas do Apóstolo, que este ano, baixo a etiqueta Artellando se reivindican como festexos abertos, descentralizados e cunha gran presenza dos artistas e colectivos que traballan na cidade
O financiamento das universidades crece un 17% e primará os resultados
A cifra global de fondos ascenderá a 2.470 millóns de euros, 365 millóns máis. A Xunta achegará 159 millóns máis e o incremento restante sairá da mellora da captación de recursos externos, convocatorias e convenios.
O decreto de unidades de xestión, "surrealista" para o Colexio de Médicos de Pontevedra
A organización pide a retirada do proxecto elaborado polo Ministerio de Sanidade, que cualifica de "absolutamente surrealista" e do que alerta que "pretende abrir a porta á privatización da xestión sanitaria e á laboralización do persoal estatutario"
Alcaldes de concellos gandeiros demandan un prezo "digno" para o leite
18 rexedores reuníronse en Compostela e tomaron como base unha moción de apoio aprobada onte en Lalín. O venres o sector manifestarase en Santiago, nunha marcha convocada por SLG, UUAA e ASAJA-Galicia. Dimite o coordinador da Asociación de Industrias Lácteas de Galicia
A edición en galego crece un 23% pero segue lonxe das cifras previas a 2012
O Observatorio da Cultura Galega publica un informe que destaca a evolución positiva do libro galego en 2014 (1.763 títulos fronte a 1.426 en 2013), tras tres anos de descenso. Un de cada catro libros na nosa lingua xa se publica en formatos distintos ao papel.