O humor na LIX centra o segundo número de 'Criaturas'
Esta edición da revista presenta estudos sobre o humor na literatura infantil e xuvenil realizados por María Jesús Fernández e Carlos Nogueira no ámbito galego e portugués. Ou tamén unha entrevista cruzada entre Francisco Castro e Paula Carballeira
A destrución de emprego en Galicia duplica a do Estado
A cifra de ocupados cae en 12.900 persoas, un descenso do 1,3% fronte ao 0,65% do conxunto de España, onde o número de parados baixa lixeiramente mentres se dispara no país, con 11.900 máis, o terceiro maior aumento de entre todas as autonomías segundo os datos da EPA.
Queremos Galego sae á rúa o 17 de maio por unha lingua "garantía de futuro"
A plataforma cidadá convoca mobilizacións en varias cidades galegas para o Día das Letras Galegas. "Ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua", di.
O Play-Doc converte Tui un ano máis na capital do documental
A undécima edición do festival comeza este mércores e chegará ata este domingo, con 32 filmes chegados de 17 países, un espazo específico, con 7 títulos, dedicado ao cinema galego, e unha homenaxe á francesa Claire Simon, nun ano con claro protagonismo feminino.
"Se a multa a un roubo de 1.800 millóns son 2, seguirán roubando"
A Coordinadora Galega de plataformas de afectados por estes produtos tóxicos ve escaso o castigo para a estafa que afectou 116.000 persoas en Galicia e da que aínda quedan 200 millóns de euros por devolver. Reclaman responsabilidades penais e políticas.
Obrigan traballadoras portuguesas a sacar leite para xustificar redución de xornada por lactación
Dúas enfermeiras do Porto foron citadas nunha consulta para demostrar que non estaban cometendo fraude. Denuncian que se sentiron "violadas" por unha práctica ilegal e "humillante", que terán que repetir trimestralmente.
Feijóo presume dos "avances sociais e económicos" co PP e do futuro da mocidade
O presidente da Xunta asegura que en España hai agora "máis servizos públicos e máis loita contra a corrupción" e volve cargar contra o goberno bipartito nun novo acto de campaña do seu partido, desta vez en Balears.
Campaña polo boicot á reválida que a Lomce impón en Primaria
STEG reúnese coas federacións de Anpas de Galicia para informar de como "esquivar ou eludir" estas probas que impón a Lomce a cativos de 8 anos e reclama aos centros que se "pronuncien masivamente" contra elas e aos pais que "non leven os fillos ao centro ese día".
A CNMV multa con 2 millóns a Abanca pola fraude das preferentes das caixas
Considera que as dúas entidades venderon produtos complexos a clientes sen avaliar se estes contaban cos coñecementos suficientes e advirte de que o fixeron tamén "a prezos significativamente afastados do seu valor razoable".
Entre a renovación e a continuidade nas listas urbanas do PP
Agustín Hernández presenta a súa lista, da que caen os sete edís que quedaron absoltos tras ser inhabilitados por prevaricación. Negreira, na Coruña, inclúe a ex apoderada da construtora máis beneficiada por investimentos municipais o ano pasado, e Rey Varela deixa fóra catro concelleiros.
Estamos a sufrir en silencio excesivo e sen saber até cando
Praza Pública
Galicia únese á acción global contra o TTIP
Varias mobilizacións en vilas e cidades do país secundan a xornada mundial de protesta contra o Acordo de Libre Comercio e Investimentos entre a UE e os EUA.