Non vas crer o que dixo desta vez Mariló Montero
Este tipo de publicacións tan extendidas hoxe en día no mundo das redes sociais responden a unha estratexia de Marketing Online denominada click baiting. O problema vén cando comezamos a seguir os perfís sociais dos medios considerados como «serios»
Traballadores da TVG volven denunciar "presións" para favorecer o PP ante as municipais
O comité de empresa da canle pública "alerta publicamente" da "manipulación" dos informativos e do "agravamento dunhas prácticas anticonstitucionais" con motivo dos vindeiros comicios locais.
O Primeiro de Maio da non recuperación en Galicia
Os sindicatos destacan os datos que evidencian o estancamento da economía galega e a precarización e temporalidade dun emprego cada vez máis escaso. CIG, CCOO e UGT e o sindicalismo "alternativo" celebran cadansúas mobilizacións denunciando a pobreza e reivindicando a dignidade.
O Concello de Santiago gasta en tres meses o equivalente ao 70% do orzamento publicitario de 2015
Os orzamentos municipais de Compostela para 2015 consignan 416.000 euros a "publicidade e propaganda". Dous grupos de comunicación aglutinan case o 80% do gasto comprometido no primeiro trimestre.
O BNG leva ao Constitucional o recorte de iniciativas imposto no Parlamento
O TC terá que ditaminar se o novo reparto de iniciativas, que impide por primeira vez que todos os grupos lle poidan preguntar a Feijóo en cada sesión de control, vulnera os dereitos parlamentarios do Bloque.
O BNG de Carnota promete remunicipalizar o servizo de auga no 2016
Anunciouno o alcalde Ramón Noceda nunha das asembleas veciñais que está a realizar para render contas da xestión do goberno municipal e recoller as achegas veciñais. Nese ano caducará a actual concesión e o servizo poderá volver a mans municipais.
Cantar de cego con xeito en Rianxo
O grupo de teatro Airiños recrea nunha función de "teatro express" a loita dos xeiteiros ante a Unión Europea.
Feijóo desdeña as demais forzas mentres as enquisas auguran a fin das súas maiorías absolutas
Feijóo proclama que o seu partido só buscará apoios "na rúa" e proclama que o PP é "un movemento social". O resto de formacións destacan a perda da capacidade dos populares para gobernaren en solitario nos espazos urbanos.
Leo Bassi "exorciza" Compostela e "despídese" do PP no Obradoiro
"Non lles desexo nada malo aos do PP, só que deixen o goberno e se poñan a traballar", di o bufón italiano na súa procesión previa ás dúas funcións da Gran Misa Patólica no Paraninfo da USC.
A Marea Atlántica lanza un plan cultural para acabar coa "cultura da Pokémon"
Xulio Ferreiro subliña a proposta de crear un Laboratorio Cultural e de "alimentar a Rede de Bibliotecas e Museos que Negreira está deixando esmorecer ou privatizando"
Compostela Aberta propón declarar o centro de Santiago "zona saturada" de 'souvenirs'
A candidatura que encabeza Noriega aposta por unha moratoria na apertura de prazas hoteleiras no centro da capital para frear a "especulación" e promover a "calidade" no turismo.
O PP tenta blindar a volta das touradas ás festas da Coruña antes das municipais
A empresa que organizou as do ano pasado garante touros en agosto e anuncia tamén unha homenaxe 'taurina' a Picasso tras reunirse co Concello. Toda a oposición comprométese a acabar con elas e Galicia Mellor sen Touradas xa estuda "como impedir a súa celebración" se cambia o goberno.