O pacto PP-PSOE renova o Valedor, Contas e o consello da CRTVG malia discrepancias internas
Cinco deputados, presumiblemente socialistas, desmarcáronse votando en branco nun pleno no que AGE, BNG e Grupo Mixto volveron cargar contra o acordo entre as dúas grandes formacións.
O PP e o tránsfuga do PSOE consuman a moción de censura en Boimorto
Xosé Luís Rivas (BNG) será desaloxado da alcaldía o vindeiro día 14 tras o acordo entre os edís populares e un tránsfuga do PSdeG nunha "manobra" que vincula a "altas esferas" populares como Feijóo e Rueda. O rexedor nacionalista pide aos socialistas que se pronuncien.
As previsións apuntan a un agosto solleiro, cálido e sen precipitacións
Carlos Balseiro (4gotas) sinala que, malia que estamos nun dos anos máis secos dos últimos tempos, a situación aínda non é preocupante, pois os encoros amosan un bo nivel. A explicación a este tempo seco está na posición da corrente do chorro, máis ao sur do habitual.
4 ouros para Galicia nos campionatos de España de atletismo
Ana Peleteiro, Solange Pereira, Frank Casañas e Lidia Parada gañaron as probas de triple salto, 1500 metros, disco e xavelina, respectivamente. Jean Marie Okutu foi prata en lonxitude, o mesmo que Belén Toimil en peso e Isaac Vicente en martelo.
Inícianse os traballos arqueolóxicos do proxecto Costa dos Castros
A actuación no xacemento da Cabeciña en Oia enmárcase nestre proxecto de dinamización social e turística e de divulgación impulsado por catro comunidades de montes do Baixo Miño xunto co Concello de Oia.
AGE denuncia o proxecto da A-57 como "obra escurantista" que "malgastará mil millóns de euros"
Os deputados Antón Sánchez e Juan Fajardo reuníronse con dúas integrantes do colectivo Salvemos A Fracha. Sinalan que a actuación forma parte “dun sistema de saqueo ás arcas públicas"
A Asociación Puntogal, recoñecida nos Premios Galicia das Telecomunicacións
José María Pousada Carballo recibirá o galardón ao Enxeñeiro do Ano. Os premios, organizados polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación, entregaranse nunha gala antes de que remate o ano.
Un manifesto reclama que a 'Marea Galega' funcione mediante democracia directa
Grândola Galega reclama que "a unidade non pase unicamente pola renuncia ás siglas dos partidos, senón mesmo á pretensión de faceren de intérpretes paternalistas da expresión política maioritaria" e avoga polo establecemento de mecanismos telemáticos de voto
As declaracións profranquistas do alcalde de Baralla xa están na Fiscalía
A ARMH vén de presentar un informe na que recolle palabras de políticos que, ao seu entender, atentan contra as vítimas da ditadura, entre elas as do rexedor galego que asegurou que os fusilados polo fascismo "merecíano".
Así pode afectar a nova Lei de Montes á loita contra o lume
A reforma abre a porta a que as comunidades autónomas acorden "o cambio de uso forestal cando concorran razóns imperiosas de interese público de primeira orde", unha posibilidade criticada por grupos ecoloxistas e polas forzas da oposición.
De Lara apraza a declaración de Besteiro, que denuncia a súa continua "indefensión"
Nin el nin López Orozco terán que declarar este venres como estaba previsto. O líder do PSdeG pregúntase como a xuíza o imputou se agora recoñece non ter datos claves que el mesmo ía achegar na declaración que foi adiada e por que aínda non se resolveu o seu recurso de nulidade.
5.000 solpores galegos en Instagram
A etiqueta #solpor, empregada unicamente en galego, suma 5.048 fotografías nesta rede social, na que se pode facer un percorrido polas máis fermosas postas de sol nesta nosa #galifornia.