O leite mola, Oink!
Praza Pública
Luís Rei, un loitador que nos deixou
O activista cultural, escritor, biógrafo e divulgador da figura e da obra de Ramón Cabanillas faleceu este luns. Centrou os seus traballaos nas localidades de Cambados e O Grove, así como na cultura marítima en Galicia.
90 lumes en 36 horas; máis de 100.000 en 27 anos: un decálogo de medidas eficaces
Adega pregúntase como a administración non pon en marcha as "medidas precisas" para reducir os incendios e acúsaa de "lexislar mesmo en sentido contrario" tras unha nova fin de semana negra. A asociación ecoloxista propón dez accións para loitar contra a eterna vaga que asola o país.
Máis de 500 hectáreas arderon noutra fin de semana negra en Galicia
Numerosos incendios afectaron o país nos últimos días, varios deles na zona de Santiago de Compostela. Un dos lumes en Toques arrasou 200 hectáreas de Rede Natura.
O Encontro Cidadán pola Marea Galega celebra o 22 de agosto unha "xornada de confluencia"
O cónclave está "aberto a calquera persoa", garantindo "unha presenza significativa e plural das mareas e dos movementos sociais".
Case unha de cada catro persoas atópase en risco de pobreza e exclusión social en Galicia
UGT-Galicia debulla as condicións de vida no país e advirte da "precariedade laboral, o desemprego e as políticas económicas impostas" que empeoran a situación dos galegos. Máis de 150.000 persoas teñen carencia de material severa.
Podemos teima na súa marca e afástase dunha candidatura unitaria en Galicia
A dirección galega insiste no "mandato" do referendo no que as bases apostaron pola estratexia de alianzas que antepón a súa denominación, unha condición que non acepta ningunha das forzas, colectivos ou plataformas que pulan pola confluencia.
Besteiro fai un "striptease' patrimonial" para desmontar as acusacións de De Lara
O líder do PSdeG fai públicos os escritos de compravenda, da hipoteca, da conta vivenda e as operacións bancarias para defender a súa “honorabilidade” cuns documentos que a súa defensa tamén achegou ao xulgado, onde pediu o sobresemento da causa.
Miren o ceo! A vindeira semana choverán Perseidas
A chuvia de estrelas fugaces das Perseidas, tamén coñecidas coma “Bágoas de San Lourenzo”, terá este ano o seu pico de actividade na noite do 12 ao 13 de agosto. As condicións, con lúa nova, serán particularmente favorables para a súa observación, destaca a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
Robots que falan galego
Esta semana fai dez anos o Gerador automático de poesia galega contemporánea que Berto Yáñez e María Yáñez botaron a andar en Aduaneiros sem Fronteiras. Na rede hai outros bots que fan literatura ou traen ao presente a ilustres da cultura galega
A normativa da UE supón un novo atranco para o proxecto da batata en Galicia
Un acordo da Comisión de Medio Ambiente quere limitar ao 7% o volume permitido de combustibles derivados de cultivos para o consumo enerxético de transporte. A partir de 2020 non se subvencionarán en ningún caso os biocombustibles que pretende elaborar Termo-Biológicas.
O Estado descarta medidas urxentes e concretas para o sector lácteo
Á xuntanza entre produtores, distribución e industria asistiron tamén Feijóo e o secretario xeral de Agricultura, que rexeita fixar un prezo mínimo e a retirada de 40 millóns de litros de leite. UUAA confía na "presión" da Xunta e o SLG recrimínalle ao presidente que non achegue solucións xa