As sondaxes sitúan a Colau e Carmena en cabeza
A enquisa a pé de urna da Forta apunta a unha axustada vitoria de Barcelona en Comù e Ahora Madrid. O PSOE podería gobernar as comunidades de Aragón, Madrid e Asturias. O PP podería manter o seu dominio en Valencia
A enquisa da CRTVG dálle A Coruña e Santiago ás mareas e pon o PP ás portas de Lugo e Ourense
A sondaxe difundida pola CRTVG arrebátalle a Feijóo as alcaldías coruñesa e viguesa. En Ourense o ascenso da forza local Democracia Ourensana sería a gran sorpresa.
A participación aumenta máis dun punto en Galicia a media tarde
As 14 horas votara o 33,24%, fronte ao 34,89% de 2011. A caída é maior nas provincias de Lugo e Ourense. Por comunidades, a afluencia ás urnas só crece en Catalunya, Madrid, Euskadi e Navarra
BNG e PSdeG denuncian varios casos de 'carretaxe' de anciáns
Os socialistas presentan fotografías e vídeos de persoas dun asilo acudindo a votar acompañados por monxas e militantes do PP en Pontedeume, entre eles a muller do tenente de alcalde. Tamén hai denuncias en Vimianzo, O Carballiño, Nogueira de Ramuín, Rairo ou Lugo. Vídeo no interior.
O Cans da ducia xa ten gañadores e gañadoras
Premio do xurado á mellor curtametraxe foi para Curricán, de Álvaro Gago. Mentres, o premio do xurado dos veciños foi para Disney, de Jorge Saavedra. O premio do público foi para Deber, de Ángel Manzano.
'A Estrada Pode' pide que se investiguen asfaltados realizados polo Concello na campaña electoral
Denuncia ante a Fiscalía Anticorrupción, o Xulgado da Estrada e mais a Xunta Electoral de Zona obras realizadas nos últimos días en beneficio de empresas privadas e particulares
O Dépor, un ano máis en Primeira
O equipo branquiazul mantén a categoría, con moito sufrimento, grazas ao empate acadado ante o Barça (2-2). Os branquiazuis chegaron a ter moi difícil a salvación, dous goles abaixo. Porén, os goles de Lucas (67') Salomão (76') valen a permanencia.
Sábado máxico en Cans
O festival celebra hoxe a súa xornada grande, na que destaca a presentación de Dos gaiteiros do Mar, de Xurxo Souto, a actuación de Davide Salvado ou o concerto de Def con Dos, ademais das sesións de curtas, videoclips e webseries, así coma a entrega de premios.
A terra dos Hugos e das Noas
Hugo e Noa convertéronse nos nomes máis populares para os galegos e galegas nacidas nos últimos anos. Porén, no conxunto do censo, seguimos sendo un país de Manolo e Mari Carmen. Os apelidos máis comúns: Rodríguez, Fernández e González
A música galega protesta ante a supresión de 'Planeta Furancho'
A CRTVG decidiu supender este programa de Radio Galega Música, un constante apoio para as bandas do país nas súas máis de 1.400 emisións. Está convocada unha concentración, este sábado ás 21.30 horas, ás portas da radiotelevisión pública
A suba do canon de Sogama podería ser inconstitucional
O Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense atende unha demanda do Concello de Piñor contra a suba do canon de Sogama e elevará o caso ao Tribunal Constitucional. Isto podería paralizar os procesos abertos aos concellos que se negaron a pagar.
O Ourense Baloncesto pega primeiro (83-52)
O COB arrasou ao Breogán no primeiro partido dos play-off de ascenso á ACB. O domingo xogarase o segundo encontro, tamén na cidade das Burgas.