O polideportivo no mosteiro de Melón, outra historia de cemento
O Sorriso de Daniel denuncia a teima do Concello de Melón de completar a construción dun pavillón na área de protección do Mosteiro de Santa María (declarado BIC), un proxecto paralizado por Patrimonio en 2005 e que o TSXG mandou derrubar en 2008
90 mil galegos percibirían a 'renda mínima garantida' proposta por CC.OO.
Trataríase dun pagamento de 426 euros mensuais para os parados sen prestación. O sindicato alerta tamén da emerxencia da figura do "asalariado pobre": 70 mil traballadores galegos perciben ingresos por debaixo do limiar da pobreza
Os concellos con máis de 5 forzas representadas pasan de 17 a 39
Trátase na súa maioría de cidades e vilas poboadas, con escenarios políticos cada vez máis fragmentados, sen maiorías absolutas e coa necesidade de exercer unha cultura de pactos. Pola contra, máis de dous de cada tres concellos galegos (215) serán gobernados por maioría absoluta
A audiencia das touradas na televisión continúa o seu devalo
A emisión dunha corrida este domingo por TVE foi seguida polo 9,5% dos e das televidentes, 1.3 puntos menos que en 2013 e 3.2 menos que en 2012. GMST presentou unha queixa ante o Valedor do Pobo pola programación deste espectáculo en horario infantil
A Xunta triplicou a licitación de obra pública antes do 24M
A Administración autonómica sacou a concurso obras por 77,4 millóns durante os catro primeiros meses do ano, tres veces máis (+217%) que un ano antes. No conxunto das autonomías, a licitación case se duplicou respecto ao mesmo período de 2014.
Galicia recibe a 'flotilla' da liberdade na súa travesía ata Gaza
Medio cento de persoas recibiron en Bueu o 'Marianne', a primeira embarcación da frota que navega rumbo a Palestina en contra da impunidade de Israel e contra o bloqueo sobre a Franxa. O Concello recibe a tripulación nuns actos que continúan o domingo cunha gala artística.
BNG, Anova, EU e CxG apostan por frontes amplas nas xerais pero difiren na fórmula
Anova e Esquerda Unida coinciden na unidade popular estatal para "cambialo todo", o Bloque aposta por unha "gran convocatoria por Galiza" para "unha gran representación nacionalista" e Compromiso opta por unha "plataforma cidadá galega".
As impugnacións danlle ao PP a vitoria sobre a Marea Atlántica, que gobernará en solitario
Os conservadores suman finalmente 28 votos máis que a plataforma cidadá, que ten garantido o apoio do PSOE para a investidura e que xa aclara que descarta as coalicións tanto no Concello como na Deputación, onde facilitará o cambio de goberno.
O Resurrection Fest quence motores cun cartel de luxo
O festival trae a Viveiro todos os anos máis de 40.000 persoas. Entre o 16 e o 18 de xullo actuarán Motörhead, KoRn, Refused, Berri Txarrak ou Toundra.
O audiovisual do futuro comeza a navegar no Olloboi
Este sábado 30 celébrase en Boiro unha nova edición do festival Olloboi, unha mostra audiovisual e de cinema na que participan máis de 60 centros de ensino de toda Galicia. Federico Pérez e Xosé A. Touriñán presentan unha gala que entregará dez galardóns.
Illa Pancha: Outro espazo público reconvertido para o lucro privado
O Consello de Ministros aprobou a pasada semana a construción dun hotel nas instalacións do antigo faro deste enclave próximo a Ribadeo. Moitas voces alertan da posible degradación dun espazo "único".
Sarria pode quedar, ao igual que A Coruña, liberada de touradas
O PP perdeu a maioría absoluta nas eleccións do domingo, abrindo a porta a un goberno de coalición PSdeG-BNG-CxG, que impediría a celebración do espectáculo taurino previsto para este 28 de xuño.