A un exame de rematar a carreira ou a dous anos: As consecuencias da extinción das licenciaturas
Falamos cunha das estudantes da USC que se poden ver prexudicadas pola medida. "A especialidade que escollín xa non existe no grao, polo que non me convalidan todos os créditos. Posiblemente teña que cursar un ano ou ano e medio. E facer, ademais, o proxecto final", di.
Suicídase unha das vítimas do desafiuzamento de Aríns
Esta semana fixo un ano exacto do lanzamento, no que esta familia compostelá foi expulsada da súa vivenda, a pesar da forte oposición social. Stop Desahucios critica que "a voracidade duns poucos siga a levarse vidas por diante".
Os técnicos de AEOPAS constataron a falta de funcionamento da depuradora de Ferrol
Destacaron, con todo, que a EDAR podería iniciar a súa actividade mesmo co baixo caudal actual. O xestor de Emafesa, de Urbaser, obstaculizou a visita encabezada polo alcalde ferrolán e dous concelleiros, e negouse a facilitarlles información técnica.
A Fiscalía pide imputar a Caballero e Louzán pola 'Operación Patos'
Os supostos amaños de contratos investigados, ao longo de nove anos, suman máis de 40 millóns de euros, pero a lista de adxudicacións baixo sospeita non está pechada, o mesmo que a de imputados e imputadas. A Fiscalía pide a imputación de varios cargos públicos e políticos
Galeusca Historia remata apelando á "solidariedade" entre pobos
As historiadoras e historiadores participantes no encontro solidarízanse coas persoas refuxiadas e defenden a autodeterminación de Catalunya.
Reclaman unha solución para o alumnado de licenciaturas, en proceso de extinción
Este 30 de setembro quedarán definitivamente extinguidos os vellos plans de estudo, o que pode obrigar un bo número de estudantes a adaptarse aos novos graos para obter a súa titulación. Afectados e afectadas convocan unha xuntanza para este xoves
Syriza gaña con claridade as eleccións
A formación de Alexis Tsipras supera o 35% dos votos, practicamente a mesma porcentaxe obtida en xaneiro, e supera amplamente a Nova Democracia (28%). A abstención creceu nove puntos, ata o 45%. Syriza, seis escanos por debaixo da maioría absoluta, volverá formar goberno con ANEL
Prolingua denuncia a "exclusión" do galego de Xuventude Galicia Net
O evento, que se celebrou esta fin de semana en Silleda, conta co apoio da Xunta, que asinou un convenio de colaboración de 25.000 euros para a súa organización
Aumentan os divorcios, en descenso dende o inicio da crise
Nas últimas décadas sinalouse a existencia dunha relación directa entre o número de rupturas matrimoniais e a situación económica. Os datos de 2014 amosan un incremento, ata as 2.17 por cada mil habitantes, fronte a unha taxa de 2.01 en 2013.
'Un cesto de mazás', memoria e sensibilidade no último libro de Montse Fajardo
Isabel González ofrécenos esta recensión da obra da xornalista Montse Fajardo, presentado na noite do venres 18 de setembro no Salón García de Vilagarcía de Arousa.
A Coruña, Santiago e Ferrol reclaman a "democratización" da FEMP, que presidirá Caballero
O alcalde vigués estará á fronte da Federación Española de Municipios e Provincias. A posibilidade dunha lista unitaria rechou no último momento e o PSOE pactou con CiU e IU. As cidades gobernadas por candidaturas cidadás acusan a FEMP que quedar "varada no bipartidismo".
Marchas da Dignidade: "A Unidade Popular non é a unidade dos partidos"
As Marchas celebraron na Coruña a súa segunda asemblea galega, que serviu para preparar a mobilización que levarán a cabo o 24 de outubro na Praza do Obradoiro.