Os premios Xerais reivindican "o poder sempre vivo da palabra"
Érica Esmorís, Andrea Maceiras e Héctor Cajaraville gañan os Premios Xerais 2015 coas súas obras 'Nena e o mar', 'Europa Express' e 'De remate'
Ferrol en Común e PSdeG pechan un "programa de mínimos" e cren "esencial" ao BNG
Jorge Suárez e Beatriz Sestayo auguran a apertura dun "novo tempo dende a esquerda" e agardan que o Bloque apoie o novo goberno "xa sexa formando parte do mesmo ou mantendo unha oposición leal e construtiva".
Así será o primeiro goberno da Marea Atlántica
A plataforma coruñesa aproba unha estrutura de goberno con catro áreas transversais e cinco sectoriais. Os dez edís terán dedicación exclusiva e todos, subliñan, cumprirán o compromiso de non cobrar máis de 40.000 euros brutos anuais.
A produción industrial en Galicia segue sen levantar cabeza
O índice de produción industrial caeu en Galicia en abril un 1,4% fronte ao ascenso do 2,7% no conxunto do Estado. No que vai de ano, Galicia continúa cinco veces por baixo da media española.
Carril dimite por "ética e responsabilidade" e Avia Veira será a voceira do BNG na Coruña
A asemblea do Bloque coruñés respecta pero non "comparte" a marcha do voceiro polo seu "excelente" traballo.
"As axudas ao talento déronnos un campo no que xogar. Iso explica o éxito do cinema galego"
O Festival (S8), que comezou este mércores na Coruña, dedícalle un foco especial este xoves a Xacio Baño (Xove, 1983). Ademais, a sección Sinais permitiu ver as obras dunha vintena de autores e autoras galegas.
Uxía e Narf cántanlle á "Galiza imaxinaria"
O vindeiro mércores 10 de xuño presentarán no Salón Teatro de Compostela o seu primeiro disco conxunto, As baladas da Galiza imaxinaria, no que interpretan temas de ambos os dous, cancións novas e tamén versións, coma 'Encontrarte’ e ‘Nana de Zemambiquo’.
Catro de cada dez fogares galegos non poden afrontar gasto imprevisto ningún
As estatística do INE desmenten a recuperación, cando menos entre as familias en Galicia. Máis da metade delas non poden permtirse marchar de vacacións nin tan sequera unhah semana ao ano. O 16% non manteñen a vivenda a unha temperatura axeitada.
O SERGAS opta un ano máis por pechar camas no canto de contratar substitutos
Máis dun milleiro de camas hospitalarias permanecerán pechadas en Galicia este verán. Rocío Mosquera responsabiliza do peche de camas ás vacacións do persoal. Os sindicatos critican que a Xunta agardase ao remate das eleccións para concretar a medida
Os axentes forestais denuncian a "improvisación" da Xunta na loita contra o lume
CIG, CC.OO., UGT e CSIF afirman que o dispositivo contraincendios está mermado, non se cubren as xubilacións, nin as baixas nin as vacantes, e que o Goberno galego segue "sen facer os deberes"
O goberno do PP na Coruña inicia este xoves o traspaso de poderes á Marea Atlántica
Xulio Ferreiro reúnese con Carlos Negreira, que propón unha comisión de seguimento ata o vindeiro 13 de xuño, día da investidura, da que forme parte un representante de cada grupo municipal. "Foi unha reunión institucional, correcta e nun ton moi afable", di o futuro alcalde.
A contratación temporal reduce o paro, que baixa máis do que aumenta o emprego en Galicia
O número de parados rexistrados no país diminúe en 7.780 persoas, o 64% delas no sector servizos. A diferenza entre aumento de cotizantes (+22.037) e diminución do número de parados rexistrados (-26.463) no último ano é aínda de 4.426, unha tendencia contraria ao do Estado.