En vídeo: Da praza ao concello, das mareas aos feitos
Os alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol manteñen un diálogo aberto organizado por Praza Pública e eldiario.es sobre os novos gobernos municipais.
Os sindicatos acusan a Xunta de "blindar" altos cargos "ante un posible cambio de Goberno"
Todas as organizacións con representación na Administración Autonómica denuncian as "manobras" do Goberno de Feijóo nos procesos de promoción interna para manter "xente da súa confianza" en altos cargos ante un "hipotético" cambio de poder no Executivo galego.
Detidos 18 ultras do Frente Atlético, dous deles acusados do homicidio de Jimmy
A policía está convencida de que dous dos detidos este mércores, xunto aos catro encarcerados e postos en liberdade despois polo xuíz, son os autores da malleira que acabou coa vida do afeccionado deportivista.
O Sergas recúa e non pechará camas de hospitalización psiquiátrica en Santiago
O Plan de continxencias da Xerencia da Área Sanitaria anunciara a supresión de 15 prazas este verán, o que fora moi criticado por profesionais e afectados a través do Movemento Galego da Saúde Mental
16 mil mozos e mozas de menos de 35 anos empadroáronse fóra de Galicia en 2014
O saldo foi negativo, tanto neste grupo de idade coma no conxunto da poboación. Con respecto aos anos anteriores, empeora o saldo galego con respecto a outras comunidades autónomas e mellora co estranxeiro.
Da praza ao Concello, das mareas aos feitos
Os novos alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol participan este mércores nun diálogo aberto organizado por Praza.gal e Eldiario.es
Somos de esquerdas e non nos entendemos
Acordos entre formacións progresistas apartaron dos gobernos municipais ao PP na maior parte dos concellos nos que isto era posible, pero non foi así en Foz, Mugardos, Ramirás, Redondela ou Punxín. Pactos de última hora evitaron situacións semellantes en Muros, Oia, Ourol, O Porriño, Viana do Bolo ou Sarria.
O Festival de Cine Rural 'Carlos Velo' xa ten finalistas
Cartelle e Celanova acollerán do 26 ao 28 de xuño a segunda edición do certame. Os finalistas foron presentados este domingo no Realiméntate 2015 de Lalín, un evento que reivindica a volta ao mundo rural dende unha perspectiva contemporánea
O Festival do Norte volve á Illa de Arousa: Música en primeira liña de praia
Do 3 ao 5 de xullo Hercules & Love Affair, Hidrogenesse, Glass Animals, Javiera Mena, La Bien Querida, Fernando Alfaro ou Dorian actuarán neste paradisíaco escenario.
Galicia máis alá do PIB
Xosé Veiras analiza en Un claro no bosque a "obsesión" pola evolución do PIB, o crecemento e o gasto como variables para definir o benestar. E pon o foco noutros indicadores, coma o Better Life Index, proposto pola OCDE, no que Galicia non sae mal parada, aínda que -destaca- "o noso benestar é ecoloxicamente insustentábel".
Caballero e Lores fan valer as súas maiorías en Vigo e Pontevedra
Os dous rexedores recuncan no goberno das súas cidades con maiorías claras (absoluta no caso de Caballero e simple no de Lores). Son os únicos alcaldes das sete cidades que repiten no cargo.
Lara Méndez convértese na primeira alcaldesa da historia de Lugo
A socialista acada os apoios de Lugonovo e BNG, e substitúe no cargo a José López Orozco, rexedor nos últimos 16 anos. En Ourense non houbo sorpresas e Jesús Vázquez (PP) foi investido alcalde, ao votar DO e PSdeG-PSOE os seus propios candidatos.