Feijoo utiliza a Castelao para atacar as mareas
O discurso do presidente da Xunta na entrega das Medallas Castelao xira ao redor das "tradicións", para as que pide "respecto", en referencia á decisión dos alcaldes da Coruña e Compostela de non acudir á cerimonia do Santísimo Sacramento e á probable ausencia na ofrenda da Casa Real ao Apóstolo
Tour de Francia: Benvidos ao inferno
A vindeira fin de semana comeza a edición da rolda gala máis dura (ata nove etapas de montaña) e máis igualada dos últimos tempos, con Nibali, Froome, Contador e Quintana como máximos favoritos. O blog Elos e Canelas analiza as súas opcións e o percorrido.
O SLG acusa a Xunta de "abandonar as súas funcións" na crise do sector lácteo
Pascual, Río e Leitegal deixan de recoller leite de moitas granxas. O sindicato alerta do "desmantelamento do sector lácteo galego e a deslocalización da produción". O prezo por litro sitúase en Galicia por debaixo dos 28 céntimos, moi lonxe do pagado noutras comunidades.
BNG e Anova amosan disposición a unha celebración non partidaria do 25 de xullo
As dúas formacións difundiron senllos comunicados nos que se mostran abertos a unha "celebración unitaria" (BNG) e a unha "mobilización nacional convocada polo pobo galego” (Anova)
Tsipras: "Ante o autoritarismo da austeridade, responderemos con democracia"
O Goberno grego convocou un referendo (para o domingo 5 de xullo) para que a cidadanía se pronuncie sobre a última oferta realizada pola troika, que Atenas considera "inaceptable". Somos Ninguén traduce ao galego o histórico discurso de Alexis Tsipras.
Dia do Orgullo LGTBI: Bandeiras e propostas para seguir gañando dereitos
A bandeira arco da vella foi colocada nas fachadas dos concellos da Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Lalín, Narón, Cedeira ou Muros, entre outras localidades. Os colectivos celebran os avances acadados, pero lembran que aínda hai moitos espazos nos que non se acadou a igualdade.
As Letras 2016: Xela Arias, Carvalho Calero ou Manuel María
O plenario da Real Academia Galega reunirase o vindeiro 4 de xullo para escoller o homenaxeado ou homenaxeada.
O alcalde de Baralla, denunciado ante a Fiscalía por humillar as vítimas do franquismo
A ARMH presenta un informe con diversas declaracións de dirixentes do PP nas que se tería desprezado os represaliados polo fascismo, entre elas as do rexedor galego que asegurou que os asasinados pola ditadura "merecíano".
As universidades reciben da Xunta 79 millóns de euros menos que en 2009
O orzamento total das tres universidades reduciuse en 86 millóns neste tempo, cun importante recorte nos seus gastos correntes e investimentos. O goberno galego instou a pasada semana á UDC a realizar máis "axustes" para solucionar os problemas de liquidez.
A esquerda volve reclamar que España xulgue os franquistas acusados pola querela arxentina
O BNG, xunto outros partidos do grupo mixto e Izquierda Plural, rexistran no Congreso unha iniciativa para que o Goberno permita procesalos ou extraditalos. Carlos Slepoy, avogado da demanda en Arxentina, lembra que o Estado incumpre resolucións da ONU e critica a actitude do PP.
O Concello da Coruña fará unha retirada "lúdica e cultural" das placas franquistas
O goberno local acorda coa CRMH elaborar un calendario nos vindeiros cen días para levar a cabo o cambio de denominación das rúas, homenaxe ás vítimas do franquismo e a participación da cidadanía á hora de decidir os novos nomes.
Mulleres e empregados do sector servizos: Os traballadores que máis sufriron a crise
Dende o 2009 os salarios dos galegos e galegas permanecen estancados, pero o efecto dos axustes nas empresas e na administración nótase especialmente nos soldos do sector terciario e nos das mulleres, que mesmo descenderon.