A Coruña votará en novembro a proposta de renda social municipal para persoas sen ingresos
A axuda, dun máximo de 532 euros e dirixida a quen non recibe ningunha outra prestación, será presentada a vindeira semana e necesitará dunha partida de 3 millóns de euros nos orzamentos. Silvia Cameán sinala a "urxencia" da medida "dada a situación de emerxencia que viven moitas familias”
Gústache argallar? Tes unha cita na feira 'maker' de Compostela
Este sábado Área Central acolle a primeira xuntanza de inventores e inventoras de Galicia, unha festa do movemento maker que busca poñer en valor os e as creadoras galegas
"Nos grandes accidentes dos últimos anos sempre se culpou o último elo da cadea"
ENTREVISTA Aitor Rei (Ourense, 1980) dirixe Frankenstein-04155, un documental que busca afondar nas causas do accidente do Alvia e que se estreará o 27 de outubro na Seminci de Valladolid. En decembro chegará ás salas galegas.
Madrid asume o voluntarismo do acordo lácteo e presume das axudas a Galicia
A ministra Tejerina advírtelle a Fernández Davila (BNG) que Galicia é a gran beneficiada das axudas malia que a Xunta recoñece que a metade das granxas non a recibirán e admite que o acordo lácteo que non asinaron nin SLG nin UUAA "é voluntario e non pode ter réxime de sancións"
A demanda da prohibición da munición de chumbo marca o inicio da tempada de caza
O BNG presentou unha proposición para retirar este contaminante material. A proposta conta co apoio de grupos ecoloxistas e mesmo da Federación Española de Caza, pero é rexeitada pola Federación Galega, que iniciou unha rolda de contactos para impedila
Masiva folga do persoal sanitario en Vigo
A xunta de persoal cifra nun 90% o seguimento do paro en toda a área sanitaria, unha cifra que o Sergas rebaixa a pouco máis do 30%. O conselleiro de Sanidade asegura que "é evidente que hai cousas que mellorar" tras unha mobilización apoiada en varios hospitais de Galicia
A nova rexedora de Melide, á alcaldía dende o número 8 da lista
Dalia García Couso será a nova rexedora de Melide, en substitución de Ángeles Vázquez, designada conselleira de Medio Rural a pasada semana. O BNG cualifica de "fraude democrática" a elección dunha persoa que figuraba nunha posición secundaria na candidatura do PP.
A Audiencia Nacional pon freo á expansión do Eucalipto nitens
A sentenza impídelle a unha filial de ENCE incluír esta especie nun viveiro na comarca asturiana de Navia pola súa capacidade expansiva e "de afección para o medio natural e os ecosistemas". Esta variedade, moi resistente ao frío, estendeuse nos últimos anos por Galicia.
As Xornada de Música Contemporánea ollan a composición galega e universal
Volven as Xornadas de Música Contemporánea, que este ano ollan no seu programa a compositores galegos e universais como Rogelio Groba, Manuel Rodeiro e Jesús González
O persoal do Hospital de Vigo está chamado á folga este martes
O paro foi decidido pola asemblea de traballadores e traballadoras de cada un dos centros médicos da cidade. Dende as oito da mañá só funcionarán os servizos mínimos, agás en Urxencias, que estará operativo ao 100%
Tractores open source
O encontro Eu Amo Fedellar busca impulsar a construción de maquinaria agrícola en código aberto. Celebrarase en Láncara o vindeiro 23 de outubro, organizado pola Rede ReVOLTA (formada por grupos das tres universidades galegas), Montenoso ou o colectivo maker de Lugo
'Blood Below the Skin' e 'Sound of a Million Insects', premios Curtocircuíto
Sin Dios ni Santa María (de Helena Girón e Samuel M. Delgado), mellor filme galego. Noite Sem Distância (Lois Patiño), Cruz Piñón (Xisela Franco) e O descubrimento de Américo (Miguel Mariño) tamén recibiron galardóns nun festival que celebrou este domingo a súa clausura.