O Goberno galego volve esquecer a cooperación exterior nas súas contas
Despois de tres anos coa dotación conxelada, increméntase en 48 mil euros, ficando en 4,2 millóns, pouco máis dun terzo do que destinaba en 2009 (11,6 millóns) e por debaixo do que dedicaba, por exemplo, en 2002.
Un evento patrocinado pola Xunta pide azafatas con "boa presenza"
O Galician Gourmet Extravaganza, que conta con axudas do Goberno galego e fondos europeos, contratou intérpretes para un evento en Londres ás que, canda o dominio do inglés, se esixían estas determinadas características fisicas.
A confluencia abócase a dúas listas malia o "último esforzo" que piden persoeiros da cultura
Manuel Rivas, Suso de Toro, Uxía ou Xabier P. Docampo, entre outros, asinan un manifesto no que reclaman aos axentes implicados na lista unitaria que "volvan sentar a falar para acordala". "Ninguén ten dereito a derramar a nosa esperanza", aseguran
“Inscribirme na tradición poética galega xogou ao meu favor”
Gonzalo Hermo vén de gañar con Celebración, o seu segundo poemario, o Premio Nacional de Literatura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte español na modalidade de Poesía Joven Miguel Hernández.
As tímidas subas en Cultura apenas maquillan o recortado nos últimos seis anos
Aínda que a dotación aumenta un 7%, acumula unha caída do 56% dende a chegada de Feijoo ao poder. O Gaiás incrementa os seus fondos un terzo e absorbe un 14% dos cartos. A partida para a compra de libros volve caer e fica na cuarta parte do destinado en 2009.
Womex recuncará en Santiago para 2016
Womex volverá a Santiago para 2016 debido aos "bos resultados" da edición anterior, de 2014. O macroevento musical repite na capital galega, á que no 2015 se achegaron 350 músicos procedentes de 90 países.
O cancro non é de cor de rosa
Vigo acolleu a estrea da curtametraxe Ir a ningún sitio, do director Mario Iglesias, no marco da campaña "A vida non segue igual", a prol dun cambio lexislativo que ampare as persoas que sofren esta enfermidade.
Marea.gal celebra o foro de partidos sen IxU nin o BNG, que lamenta "exclusións"
O Encontro Cidadán indica que mantivo a convocatoria porque "non se pode continuar dándolle voltas á cuestión sen asentar consensos" e Iniciativa pola Unión asegura que realizou unha proposta de "convocatoria aberta a todas as forzas" que non foi aceptada.
Galicia, máis verde que nunca polo Monte Pindo
Monumentos e edificios emblemáticos de múltiples puntos do país aluméanse de verde para apoiar a declaración do Pindo como parque natural no quinto aniversario da asociación que o reivindica. Galería no interior
Portugal achégase a un goberno de esquerdas
Tras múltiplos contactos co Bloco de Esquerda e o PCP o líder socialista, António Costa, asegura estar en "mellores condicións" que a dereita para formar un goberno estable.
“A xeración Nós amosounos o camiño a seguir e aínda non percorremos nin a metade”
2naFronteira están a presentar o seu novo disco, Son de Nós, unha homenaxe aos poetas das Irmandades da Fala e da revista Nós.
As vítimas do accidente do Alvia esixen que se investigue a responsabilidade de Renfe e Adif
As dúas plataformas que agrupan as persoas afectadas polo sinistro presentaron senllos recursos contra o peche da instrución, pedindo que se amplíe o proceso aos cargos das empresas ferroviarias e criticando que o xuíz rexeitase numerosas dilixencias pedidas polas partes