'Makers' do mundo: tedes unha cita na Coruña
A Domus acolle o 7 de novembro a cuarta edición da OSHWDem, Feira de Tecnoloxía Aberta, organizada pola Asociación BricoLabs
10 anos de loita polo recoñecemento do patrimonio inmaterial galego-portugués
O vindeiro 25 de novembro (cando farán dez anos exactos) unha Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa para os centros educativos das dúas marxes (pola mañá) e unha Gala do Patrimonio (pola noite) celebrarán a efeméride
A Xunta consente o encerro dun tigre de Bengala nun valado de ferralla en Mazaricos
O Goberno galego confírmalle a ADEGA ter coñecemento do feito e xustifica que se trata dunha "colección zoolóxica privada", nas instalacións da empresa de ocio Naturmaz, no Aeródromo da Fervenza. A entidade ecoloxista denuncia que non se garante o benestar animal nin a seguridade.
“Nao é un grupo creado para a denuncia e para darlle forza á xente”
A Sala Malatesta, na antiga sala Nasa, abre as súas portas o 29 de outubro coa actuación de Nao e da Banda Bassotti. Galegos e italianos que se entenden. Que entenden a música como un xeito de denuncia. E de dicir que o mundo é de quen o constrúe, desde abaixo.
As afectadas de Endometriose acusan o SERGAS de seguir esquecendo esta doenza
O Parlamento aprobou en abril por unanimidade solicitarlle a Sanidade que formase antes de seis meses un grupo de traballo para estudar a atención ás afectadas por esta enfermidade, unhas 60 mil en Galicia. A asociación querENDO denuncia que nada se fixo dende a Xunta
O paciente sospeitoso de ter ébola dá negativo na primeira analítica
Activado o protocolo logo de que un home de 24 anos acudise ao hospital da Coruña con síntomas dun posible caso deste virus. Foi trasladado ao Meixoeiro de Vigo, centro de referencia en Galicia, e permanecerá alí ata que unha segunda análise "descarte completamente" a infección
O fiscal pide catro anos de cadea para o maquinista do Alvia
O Ministerio Público reclama case 43 millóns de euros como indemnización para as vítimas do accidente de Angrois, un importe ben máis elevado do que estimaran as aseguradoras
O acordo lácteo que queda en "papel mollado"
O SLG denuncia que as subas prometidas no prezo do leite non adoitan nin alcanzar 1 céntimo e que só serven para que as industrias "aumenten a súa marxe de beneficio" mentres "seguen a obrigar a asinar contratos de importes miserables".
PSdeG e BNG acordan na Deputación de Lugo un goberno de oito áreas sen Martínez
O alcalde de Becerreá evita asumir a área de Obras ao impedírenlle formar parte da Xunta de Goberno.
A Audiencia de Madrid ratifica a liberdade dos acusados de matar a Jimmy
Os maxistrados cren "plenamente xustificada" a liberdade dos catro presuntos asasinos, malia que a policía os considera autores materiais da morte do ultra galego. A decisión engade sombras ao proceso ante o intento de pechar a instrución malia as revelacións dunha testemuña protexida
O apoio do PSOE á renda social da Coruña garantirá a súa aprobación
O alcalde e a concelleira Silvia Cameán presentarán este luns o proxecto de Renda Social Municipal ao tecido asociativo da cidade. A axuda, de 532 euros mensuais, cubrirá as necesidades básicas de entre 500 e 1000 familias sen acceso á RISGA.
A cidadanía, chamada a saír este luns á rúa contra a violencia machista
Varias concentracións en localidades galegas en repulsa polo asasinato do pasado sábado en Ponte Sampaio. "Estamos fartas de estar fartas e non imos ficar paradas ata rematar con esta lacra", di a Plataforma Feminista Galega