En Marea abre un proceso á cidadanía para validar as súas candidaturas
Propón un censo aberto malia que nun principio a participación ía estar destinada á militancia de cada formación, que elixirá cadanseus candidatos a formar parte da lista de consenso da coalición. Anova xa fixo públicas as súas opcións, que serán votadas polas bases entre o xoves e o venres.
Unha demanda colectiva pontevedresa elimina a cláusula abusiva dunha distribuidora eléctrica
A reclamación iniciada por case tres mil consumidores e consumidoras contra CIDE HC Energía bota abaixo o cobro de dous euros por factura cando o pagamento non se domiciliaba. Ademais, a empresa devolverá os cartos cobrados de máis.
O rural, un lugar para a innovación
Lalín acollerá este venres o Encontro Rural Imaxinado, organizado pola rede de grupos de investigación ReVOLTA
Galiciencia bate o seu récord de participación, con 74 experimentos de centros de ensino
A décima edición da feira científica, que se celebrará en Ourense do 18 ao 20 de novembro, será visitada por máis de dous mil grupos escolares, que asistirán a actividades divulgativas e obradoiros
O acordo da esquerda fai caer o executivo de Passos Coelho
A moción de rexeitamento presentada polos socialistas recibiu 123 votos a favor e 107 votos en contra. PS, BE e CDU asinaron un pacto para gobernar Portugal os vindeiros catro anos. Depende do Presidente da República, Cavaco Silva, o nomeamento dun novo primeiro ministro.
Foro Económico insta a Xunta a implicarse máis na industrialización do sector lácteo
Un informe sobre o sector destaca que Galicia é a única das dez principais rexións lácteas da UE que non fixo un investimento industrial importante nos últimos anos. O FEG critica o acordo lácteo por nacer "coxo" e reclama ao Goberno galego que logre o "compromiso" das industrias co país
Quince meses de cadea a tres estudantes por "atentado contra a autoridade" nunha protesta ante Feijóo
Os mozos aceptaron a condena logo dun pacto coa Fiscalía para evitar a entrada en prisión, aínda que manteñen a súa inocencia. Terán que pagar máis de 1.000 euros en concepto de indemnizacións aos axentes da policía
A loita de Hadrián por unha xusta atención educativa bate co desleixo da Xunta
O conselleiro de Educación planta a nai deste pequeno de Malpia, coa que concertara unha xuntanza para tratar a problemática do seu fillo, que reclama máis horas de atención domiciliaria ao non poder acudir ao colexio por unha grave enfermidade. Tan só recibe seis á semana.
Unha lexislatura de retrocesos para a liberdade de prensa
O informe do Instituto Internacional de Prensa, publicado a pasada semana, alerta de numerosas eivas para a información en España, dende a Lei Mordaza ao funcionamento dos medios públicos. O documento únese ás críticas realizadas polo Colexio de Xornalistas e outras entidades.
Besteiro reclama o AVE a Lugo que Feijóo prometera facer con cartos da Xunta
Acusa o PP de "condenar" a provincia á "desconexión coa alta velocidade e as novas infraestruturas ferroviarias" e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, lembra que “non hai un só euro de investimento previsto para a estación intermodal" nin nos orzamentos da Xunta nin nos do Estado
As PAH galegas piden no Parlamento medidas urxentes para asegurar o dereito á vivenda
Entregarán este martes unha proposta de moción na que demandan modificacións lexislativas e accións políticas para evitar os desafiuzamentos, crear un parque público de vivenda e alugueiro social e garantir os subministros básicos.
Histórica e multitudinaria marcha estatal contra as violencias machistas
Milleiros de persoas participan na primeira marcha estatal contra as violencias machistas para esixir que as agresións de xénero se convirtan en cuestión de Estado. Unha ampla comitiva galega participou na manifestación.