Carril, homenaxeada pola súa defensa de Cortegada
A Asociación de Municipios con Territorio en Parques Nacionais recoñeceu a protección exercida polos veciños e veciñas da localidade a esta illa, cedida ao rei Alfonso XIII en 1910, revendida en 1978 a unha construtora e, finalmente, incorporada ao Parque Nacional das Illas Atlánticas
O conflito sanitario enquístase no sur de Galicia
Senllas manifestacións en Vigo e Pontevedra rexeitaron nos últimos días o modelo de xestión sanitaria da Xunta e esixiron garantías de prestacións públicas e de calidade.
O cerco sae á rúa por unha repartición "xusta e igualitaria"
Unhas 2.000 persoas maniféstanse en Compostela e reclaman ao Estado e á Xunta un novo sistema de cotas para que "todos os pescadores teñan o mesmo dereito". BNG, AGE e PSdeG apoiaron a marcha que percorreu as rúas de Santiago.
Tres "equipos organizados de terroristas" provocaron o masacre de París
Tres grupos ben preparados "son a orixe desta barbarie", segundo a Fiscalía francesa, que confirma 129 mortos e 350 feridos, 99 deles graves. A policía detivo seis familiares dun dos kamikazes, un cidadán francés que tería viaxado a Siria hai dous anos.
O sector lácteo volverá mobilizarse a partir do 23 de novembro
A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo insiste en que, dous meses despois da sinatura do acordo lácteo, as súas medidas seguen sen cumprirse, as industrias seguen presentando contratos á baixa e os prezos non se están recuperando.
En Marea apela ao 24M incluíndo nas súas listas varios membros de candidaturas cidadás
Podemos tan só liderará as listas na Coruña, onde o número 2 ao Congreso será para Yolanda Díaz. O escritor Fernán Vello será o candidato por Lugo nunhas listaxes con forte presenza de distintas plataformas municipalistas e que poderán ser validadas por 4.000 persoas.
Setenta concellos reúnense para acordar medidas conxuntas de impulso para o galego
A CTNL e o Concello de Santiago organizan este luns o Encontro de Política Lingüística Municipal na que se buscarán "acordos básicos para un novo impulso do fomento do galego desde as administracións locais" e "activar colaborativamente a implicación" no pulo do idioma
Ataques terroristas coordinados causan o terror en París
O atentado máis grave tivo lugar na sala de concertos Bataclan, onde os terroristas asasinaron con total frialdade preto dun cento de persoas. O presidente François Hollande declara o estado de emerxencia, o peche de fronteiras e a mobilización do Exército. O ISIS reivindica os actos.
Unha xornada do Parlamento europeo analizará o tratamento xudicial da violencia machista
O día 18 intervirán representantes da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo, AGAMME, Secretaría das Mulleres do SLG ou do Colexio de Psicoloxía, nun evento organizado por AGEe.
Eduardo Estévez: "Non me interesa dar imaxe de escritor sufrinte"
ENTREVISTA A construción, o proceso, volve ser protagonista da obra de Eduardo Estévez, que vén de publicar entrar na casa co fotógrafo Ignacio Castro. Un poemario sobre as pegadas que as persoas deixan nos espazos que as acollen. E nas outras persoas. Estévez está xa a preparar outro libro, de baleas.
O sector lácteo volve á rúa e xa prepara mobilizacións "máis drásticas"
A Organización de Produtores reparte 1.000 litros de leite en Compostela e a plataforma en defensa do sector reúnese este venres para preparar novas protestas ante o incumrimento do acordo lácteo por parte de varias industrias e os baixos prezos que seguen a cobrar os gandeiros.
Besteiro garante primarias no PSdeG para a candidatura á Xunta en 2016
O líder dos socialistas galegos responde a Pachi Vázquez e lembra que foi en 2012 "cando non houbo primarias". "Garanto que as vai haber; se ese é o problema, problema resolto", asegurou.